Publicacións

XOGO DE PISTAS: PICASSIANA E...

Imaxe
Durante o curso pasado tanto en 1º de ESO C como nos reforzos de 1º ESO A e de 2º ESO B e C, o alumnado participou en varios obradoiros de expresión creativa. Un dos que máis éxito acada é o xogo de pistas que consiste en crear un texto descriptivo, outro narrativo e, finalmente, un fragmento argumentativo sempre a partir dun cadro. Pois ben, un dos protagonistas foi Picasso coa súa creación "Dos mujeres corriendo por la playa" pero tamén demos entrada a outra composición misteriosa e a Nahuel Matías inspirouno deste xeito a primeira pista que tamén vos deixamos aquí por se queredes tirar deste fío:   En esta imagen puedo percibir una habitación amarilla con tres ventanas, una de ellas circular. También veo que su fondo es verde, que hay un pajarito pasando por una de ellas y que en la circular hay una barra de metal. Logro ver que el piso lo componen azulejos amarillos y verdes. En la esquina superior izquierda destaca un arco. En medio de la imagen se ve un búho bastante al...

OPINA 1º DE BACHARELATO

Imaxe
A solvencia coa que o alumnado de 1º de Bacharelato resolveu dúas prácticas de comentario crítico durante o curso 2023-2024 ben merece un oco neste blog. Os dous textos elixidos foron os da proba ABAU na convocatoria de xuño de 2018 e, como poderedes comprobar, os asuntos plantexados distaban bastante entre si. Como ben sabemos, os seres humanos aprendemos entre nós e este mecanismo de mellora entre iguais dá froitos excepcionais.  Animádevos, pois, a ler con calma e reciclade moitos dos recursos aproveitados polos vosos compañeiros e compañeiras. En cada un dos arquivos poderedes ler os textos orixinais de Ana Merino e de Andrés Trapiello, que propiciaron os comentarios críticos.   

ITINERARIO LECTOR 1º ESO C

Imaxe
  A listaxe de obras de literatura xuvenil na materia de Lingua Castelá e Literatura non deixa de medrar curso a curso. Quen mellor o saben son os alumnos e alumnas que cursaron 1º de ESO e eles son os encargados de opinar e valorar algunhas destas novelas.   Se cabe, aos novos alumnos e alumnas durante este curso 2024-2025 estes breves comentarios poden servirlles de guía cando dubiden que lectura elixir. O cadro elixido é do soviético Alexander Deineka e está titulado, como non, "Moza cun libro".       Campos de fresas me pareció una obra muy buena y entretenida. A mí no me gusta leer, pero he de admitir que esta novela me encantó. Me atrajo que en cada capítulo aparezca el pensamiento y el punto de vista de un personaje distinto. Es, en mi opinión, muy amena y te deja con la intriga hasta el final por lo que te va enganchando poco a poco. La parte que más me gustó fue el final porque me parece muy original y, además, no me lo esperaba.   (Aela ...

OBRADOIRO 1º ESO C e 1º ESO A

Imaxe
Non é casual que agora o cadro de Almada Negreiros acompañe os textos do alumnado. A proposta na materia de Lingua Castelá e Literatura foi a de crear un testamento ológrafo a partir do modelo de Mario Benedetti.   Pois ben, varios compañeiros e compañeiras preferiron inventar outra identidade e escribiron de puño e letra como se estivesen dando vida a un heterónimo, aínda que eles non sabían que o truco vén de lonxe e o maior experto é o poeta portugués Fernando Pessoa. Aquí vos deixo os magníficos traballos:     Yo, Mabel, dejo en esta simple hoja de papel mi testamento. En un humilde folio escribo lo que ahora mismo con diecisiete años son mis pertenencias más valiosas. 1. Yo, Mabel, otorgo a mi mejor amiga, la única que ha visto todas mis facetas, que ha estado conmigo en las interminables noches llorando y por las tardes riendo en el parque, a ella quiero dejarle mi libreta. Desde su portada, ella y solo ella podrá adentrarse en esas páginas y perderse entre las...

OBRADOIRO 1º ESO C

Imaxe
En breve estará entre nós o outono e, por iso, retomo este blog coa imaxe creada por Alphonse Mucha para esta melancólica estación anual. O curso pasado quedaron no tinteiro moitas das producións do meu alumnado realizadas na materia de Lingua Castelá e Literatura e xa vai sendo hora de que as dea a coñecer por se vos inspiran.   En primeiro lugar, Ana de la Cuesta crea un relato a partir de dúas liñas orixinais dun dos libros que conforman a saga Ulisses Moore .   A continuación, Marea Amoedo presenta dous textos poéticos: un poema diamante e un "limerick". Que todos e todas disfrutemos do novo curso 2024-2025!   "Fuera oscurecía y continuaba nevando. Julia, sentada en la repisa de la ventana, miraba hacia el exterior y seguía pensando en la reciente muerte de su padre. Al siguiente día paró de nevar. Julia cogió uno de los caballos del establo y salió por el bosque montando al de su padre. Esta iniciativa la ayudó mucho e intentaba recuperar la calma y la paz mental,...

MULLERES: PERIGOSAS e EN PERIGO

Imaxe
Berraba Santa Catalina de Siena: "¡Basta de silencios! ¡Gritad con cien mil lenguas! porque, por haber callado, ¡el mundo está podrido!". Xa vedes pola data desta entrada que o silencio foi prolongado pero ímolo romper con forza e da man das mulleres. No IES Mendiño abrimos exposición arredor das creadoras silenciadas, dos estereotipos inventados polos homes, das vítimas do patriarcado...  A nosa iniciativa xorde grazas ao "savoir faire" da profesora de Relixión, Almudena Suárez Cerviño, quen trouxo ao instituto unha proposta moi interesante co obxectivo de visibilizar ás que a historia anulou ao longo dos séculos. A súa iniciativa foi magnificamente acollida desde a Consellería de Educación e foi ela a coordinadora do Proxecta durante o curso 2022-2023. Aquí vos deixo tanto a exposición dividida, como comprobaredes, en dúas seccións: "mulleres perigosas", "mulleres en perigo". Tamén podedes acceder ao folleto que permite resolver a actividade AL...

PINTURAS CON PALABRAS

Imaxe
En 1º de ESO A e C aprendemos que  o texto descritivo é, verdadeiramente, unha pintura pero con palabras.  E, que mellor práctica creativa que achegármonos ás máis importantes creacións pictóricas para escribir as nosas subxectivas pinturas con palabras. Velaquí vos deixamos unha escolma brevísima pois nos derradeiros días lectivos o interese xa non era o mesmo e o cansancio pesaba moito... Na imaxe elixida admiras "La dama del armiño" pintada por Leonardo da Vinci e que, logo, nos describe Sofía Darroza Villar.

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO

Imaxe
 Logo de ter estudado as vangardas, que mellor obradoiro que converternos en autores e autoras de greguerías. O noso modelo indiscutible foi o xenial escritor madrileño Ramón Gómez de la Serna, prolífico autor que definiu as súas chispeantes creacións como suma de metáfora e humorismo.   Pois ben, o alumnado de 4º ESO A e C convida a ler e a disfrutar das súas brillantes greguerías. O retrato de Gómez de la Serna pertence ao pintor mexicano Diego de Rivera, quen en 1915 así o retratou desde os postulados cubistas.

ORATORIA VI

Imaxe
Co alumnado de Oratoria en 2º de ESO eliximos como broche final de curso unha actividade teatral: o "kamishibai". Aproveitamos o "butai" (o teatriño de madeira) pero cambiamos bastante a dinámica orixinal deste "teatro de papel": os "gaito kamishibaiya" eran varios e varias, non só un único actor; as imaxes das láminas contaban tanto como a linguaxe non verbal. As catro actrices consumadas que podes ver no seguinte vídeo triunfaron sobradamente pola súa orixinalidade e polo entusiasmo cos que crearon a súa persoal interpretación de "O gato con botas".  

HAIKUS DE 4º DE ESO

Imaxe
As derradeiras semanas do curso son idóneas para dar renda solta á creatividade e para abrir tempos e espazos que permitan desconectar entre proba e proba avaliadora. Os obradoiros elixidos nesta ocasión nos tres grupos de 4º de ESO xiraron arredor do haiku xaponés. A súa escrita precisa un chisco de sensibilidade e capacidade de síntese. Verás nos tres arquivos como os compañeiros e as compañeiras pariron fermosas composicións!   A delicada estampa xaponesa pertence tamén á colección do Museo do Prado.  

XOGO DE PISTAS

Imaxe
Esta actividade, que na materia de Lingua Castelá é presentada como un xogo de pistas, procura a integración de varios contidos traballados durante o curso. É un exercicio moi completo de reflexión e de expresión escrita arredor dun cadro, que asemade potencia a imaxinación e a creatividade. Os dous exercicios dos que saen mellor os creadores e creadoras de 1º de ESO A e C son, sen dúbida, o primeiro coa descripción e o terceiro coa valoración persoal. Aínda custa a composición imaxinativa dun relato que desbote os tópicos e os desenrolos esperables. Precisamos moita máis lectura nos tempos de ocio e menos dixitalización. O cadro traballado foi "Bordando el manto terrestre" da pintora catalana Remedios Varo. No primeiro arquivo podes observar as tres pistas e nos tres seguintes, por esta orde: as descricións, os relatos e as opinións.  

OPINA 1º DE ESO

Imaxe
Agora é a quenda dos máis cativos e cativas do noso instituto.  Como a lectura do terceiro trimestre foi El castillo ambulante , xa veredes polos seus comentarios que non resultou do agrado da maioría: moitas páxinas e ningunha ilustración! Haberá que dar un cambio sinalado o vindeiro curso para que a lectura sexa o máis pracenteira posible neste mundo dixital e tecnolóxico no que nos movemos. Complementariamente puidemos disfrutar a magnífica adaptación cinematográfica do cineasta xaponés Hayao Miyazaki. A imaxe que ilustra esta entrada pertence precisamente á película.  

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

Imaxe
Novamente foi durante o terceiro trimestre cando o alumnado de 1º de ESO A e C tivo que desenvolver unha indagación informativa arredor dun tema e, logo, dar a coñecer o produto final falando fronte aos seus compañeiros e compañeiras de clase. Traballamos, deste xeito, a oratoria desde a materia de Lingua Castelá ao tempo que aprendemos e rompemos coa rutina diaria porque cada alumno e cada alumna acaba convertido en mestre. Marta Barreiro Pérez (1º ESO A) elixiu o tema dos golfiños; Luna Regueiro Vuelta (1º ESO A) falounos da patinaxe; Raquel Bouzón Teles (1º ESO A) ilustrounos arredor das ninfas; e Paula González Mirou (1º ESO C) preferiu o fútbol sala. O cadro elixido de Pierre-Auguste Renoir leva por título "Patinadores no Bois de Boulogne".  

BREVES RECENSIÓNS

Imaxe
Durante o terceiro trimestre deste curso 2022-2023 o alumnado de 4º de ESO fixo outra aproximación aos clásicos. Neste caso o reto era case triple: achegarse aos clásicos con La casa de Bernarda Alba , enfrontarse a un xénero pouco visitado como o teatro, aventurarse coa escrita de Federico García Lorca. Houbo, como poderás comprobar, opinións para todos os gustos... Pero o que conta sempre é a pegada que vai deixando en nós cando unha das experiencias lectoras que gardamos na nosa maleta viaxeira. No arquivo atoparás unha selección variada destas reflexións persoais ben argumentadas polo alumnado. A imaxe corresponde ao estreno da traxedia en España no ano 1950, cinco anos despois de que se representase en Bos Aires por primeira vez desde o asasinato do poeta granadino.  

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
A actividade da videorreseña non só pon a proba a competencia lingüística do alumnado en canto a grao de dominio da súa vertente oral, senón tamén a dixital pois o formato requerido é audiovisual. Asemade, esta tarefa esixe xa unha capacidade de análise e interpretación así como de síntese, que sen dúbida reflexa a madurez necesaria para poder enfrontarse á seguinte etapa educativa. Neste curso 2022-2023 desexamos compartir con vós os traballos de varios compañeiros e compañeiras de 4º de ESO, que corroboran as capacidades ás que antes nos referiamos.  A imaxe elixida é un cadro do pintor inglés Charles Edward Perugini, "Girl reading".   A autora desta videorreseña é Érika Campos Barciela, alumna de 4º ESO B.     Agora, quen comenta é Sara Rodríguez Costas, alumna de 4º ESO B.    E, por último, paga a pena que escoites a Nayra Tilve Castro, alumna de 4º ESO A.

"THEATRUM MUNDI"

Imaxe
Co gallo do Día Mundial do Teatro tamén quixemos homenaxear a un xénero que sempre nos entusiasma. Como xa vos adiantamos no blog, o 13 de xaneiro disfrutamos no teatro Salesianos coa adaptación da novela Las aventuras de Tom Sawyer . Pois ben, o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C ensaiamos varias escenas tanto nas clases de Lingua Castelá como en varios recreos e novamente decidimos aproveitar o recurso da radio para elaborar un programa completo. Na presentación realizada polo alumnado de 1º ESO C (Paula, Saray, Brais e Christian) damos conta de datos ben curiosos sobre o autor norteamericano Mark Twain, que aprendemos en clase. Logo, dramatizamos varias escenas da obra: Antía, Bruno, Sabela e Raúl; Omar e Hugo, como representantes de 1º ESO C; Raquel, Eloy, Iago e Hugo; Luna, Thiago, Manuel, Juan, África e Pablo, como representantes de 1º ESO A. No desenrolo do programa poderás escoitar as cuñas publicitarias de varios alumnos e alumnas de 2º de ESO que cursan Oratoria: Abril e Sabela...

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" II

Imaxe
O luns 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4º de ESO viaxou a Santiago de Compostela en compaña das profesoras Laura Pérez Vilas, Aida Pérez Martínez e Catalina Míguez Vilas, encargada da organización desta actividade. Nunha sesión de Lingua Castelá e Literatura houbo tempo para falar sobre Valle-Inclán, consultar materiais variados (catálogos doutras exposicións, edicións facsimilares, retratos, cubertas dos libros, etc.), ollar o tríptico sobre a súa vida e a súa obra, escoitar a voz do autor, ver os vídeos explicativos dos comisarios da exposición... A visita iniciouse ás 11.00 horas no Colexio de Fonseca: mentres o grupo de 4º ESO A, acompañado pola profesora Laura, admiraba a Biblioteca América grazas á explicación da guía que amosa o rico patrimonio da USC, os grupos de 4º ESO B e C xunto coas profesoras Aida e Catalina supervisaban a actividade de búsqueda de información na exposición sobre Valle-Inclán nos tres espazos destinados a dar a coñecer a faceta máis ínt...