Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta novas

MULLERES: PERIGOSAS e EN PERIGO

Imaxe
Berraba Santa Catalina de Siena: "¡Basta de silencios! ¡Gritad con cien mil lenguas! porque, por haber callado, ¡el mundo está podrido!". Xa vedes pola data desta entrada que o silencio foi prolongado pero ímolo romper con forza e da man das mulleres. No IES Mendiño abrimos exposición arredor das creadoras silenciadas, dos estereotipos inventados polos homes, das vítimas do patriarcado...  A nosa iniciativa xorde grazas ao "savoir faire" da profesora de Relixión, Almudena Suárez Cerviño, quen trouxo ao instituto unha proposta moi interesante co obxectivo de visibilizar ás que a historia anulou ao longo dos séculos. A súa iniciativa foi magnificamente acollida desde a Consellería de Educación e foi ela a coordinadora do Proxecta durante o curso 2022-2023. Aquí vos deixo tanto a exposición dividida, como comprobaredes, en dúas seccións: "mulleres perigosas", "mulleres en perigo". Tamén podedes acceder ao folleto que permite resolver a actividade AL...

"THEATRUM MUNDI"

Imaxe
Co gallo do Día Mundial do Teatro tamén quixemos homenaxear a un xénero que sempre nos entusiasma. Como xa vos adiantamos no blog, o 13 de xaneiro disfrutamos no teatro Salesianos coa adaptación da novela Las aventuras de Tom Sawyer . Pois ben, o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C ensaiamos varias escenas tanto nas clases de Lingua Castelá como en varios recreos e novamente decidimos aproveitar o recurso da radio para elaborar un programa completo. Na presentación realizada polo alumnado de 1º ESO C (Paula, Saray, Brais e Christian) damos conta de datos ben curiosos sobre o autor norteamericano Mark Twain, que aprendemos en clase. Logo, dramatizamos varias escenas da obra: Antía, Bruno, Sabela e Raúl; Omar e Hugo, como representantes de 1º ESO C; Raquel, Eloy, Iago e Hugo; Luna, Thiago, Manuel, Juan, África e Pablo, como representantes de 1º ESO A. No desenrolo do programa poderás escoitar as cuñas publicitarias de varios alumnos e alumnas de 2º de ESO que cursan Oratoria: Abril e Sabela...

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" II

Imaxe
O luns 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4º de ESO viaxou a Santiago de Compostela en compaña das profesoras Laura Pérez Vilas, Aida Pérez Martínez e Catalina Míguez Vilas, encargada da organización desta actividade. Nunha sesión de Lingua Castelá e Literatura houbo tempo para falar sobre Valle-Inclán, consultar materiais variados (catálogos doutras exposicións, edicións facsimilares, retratos, cubertas dos libros, etc.), ollar o tríptico sobre a súa vida e a súa obra, escoitar a voz do autor, ver os vídeos explicativos dos comisarios da exposición... A visita iniciouse ás 11.00 horas no Colexio de Fonseca: mentres o grupo de 4º ESO A, acompañado pola profesora Laura, admiraba a Biblioteca América grazas á explicación da guía que amosa o rico patrimonio da USC, os grupos de 4º ESO B e C xunto coas profesoras Aida e Catalina supervisaban a actividade de búsqueda de información na exposición sobre Valle-Inclán nos tres espazos destinados a dar a coñecer a faceta máis ínt...

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" I

Imaxe
A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe a profesora da USC Margarita Santos Zas, inaugura o xoves 9 de febreiro a exposición "Valle-Inclán, íntimo" no Colexio de Fonseca , na que poderemos disfrutar en primicia o rico patrimonio artístico do escritor galego, recrearnos nos seus obxectos persoais, admirar a súa caligrafía..., grazas á xenerosidade dos familiares propietarios destes excepcionais fondos. A exposición poderá ser visitada desde o 9 de febreiro ata o 1 de abril, de luns a sábado na franxa horaria que podes consultar no seguinte enlace . O alumnado de Lingua Castelá e Literatura de 4º de ESO acudirá a esta magnífica exposición o luns 27 de marzo durante a visita organizada pola profesora Catalina Míguez Vilas, da que vos iremos dando cumprida información en vindeiras entradas. Quedades, pois, convidados e convidadas a unha fermosa viaxe á nosa "cidade eterna" da man dun xenio indiscutible da literatura española.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imaxe
Co obxectivo de aproveitar ao máximo os recursos do centro, na materia de Lingua Castelá e Literatura o alumnado de 1º de ESO A aventurouse na radio para contar en que consistiran as actividades postas en marcha na Biblioteca do instituto na mañán do luns 24 de outubro e así conmemorar o día grande das Bibliotecas e, de xeito especial, da Biblioteca Escolar por primeira vez na historia desta data significativa. É este un xeito máis de vencellar facetas distintas na vida diaria do instituto.  Uxía Barreiro, Naia Boullosa, Hugo García e Pablo Boullosa explicaron na radio as actividades desenvolvidas polo equipo da Biblioteca do IES Mendiño; Sofía Darroza, Thiago Pérez, Marta Barreiro e Luna Regueiro aclaran a historia da data, os organismos implicados na celebración e outros detalles ben interesantes como podes comprobar neste enlace á radio do centro .

"IN MEMORIAM"...

Imaxe
2021 foi, sen dúbida, "ano literario con nome de muller" pois con múltiples actos conmemoráronse dous centenarios: por unha banda, o do nacemento da escritora galega dona Emilia Pardo Bazán; pola outra banda, o do falecemento da novelista barcelonesa Carmen Laforet. O equipo de Biblioteca do IES Mendiño inaugura o vindeiro xoves 8 de setembro a doble exposición arredor das dúas autoras. A investigación e a redacción dos contidos foron realizadas pola profesora de Lingua Castelá, Catalina Míguez Vilas, mentres que a montaxe correu a cargo de Copy Redondela, en concreto, de Maika Rivera, a quen hai que felicitar polo acerto estético.  Que a disfrutedes e que o novo curso 2022-2023 resulte moi "poiético"!

DÍA DA POESÍA

Imaxe
Para conmemorar o 21 de marzo, que a UNESCO declarou en 1999 como " Día Mundial da Poesía ", un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO A preparou a lectura dramatizada do poema de Federico García Lorca "Romance de la luna, luna", que o escritor granadino publicou en 1928 na súa colección de dezaoito romances que integran Romancero gitano . A actividade desenvolveuse na materia de Lingua Castelá e Literatura e tamén contamos coa axuda inestimable do profesorado que facilitou os ensaios fóra da aula. Podes ver o froito no blog da radio do IES Mendiño de Redondela.