"THEATRUM MUNDI"

Co gallo do Día Mundial do Teatro tamén quixemos homenaxear a un xénero que sempre nos entusiasma. Como xa vos adiantamos no blog, o 13 de xaneiro disfrutamos no teatro Salesianos coa adaptación da novela Las aventuras de Tom Sawyer. Pois ben, o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C ensaiamos varias escenas tanto nas clases de Lingua Castelá como en varios recreos e novamente decidimos aproveitar o recurso da radio para elaborar un programa completo.

Na presentación realizada polo alumnado de 1º ESO C (Paula, Saray, Brais e Christian) damos conta de datos ben curiosos sobre o autor norteamericano Mark Twain, que aprendemos en clase. Logo, dramatizamos varias escenas da obra: Antía, Bruno, Sabela e Raúl; Omar e Hugo, como representantes de 1º ESO C; Raquel, Eloy, Iago e Hugo; Luna, Thiago, Manuel, Juan, África e Pablo, como representantes de 1º ESO A.

No desenrolo do programa poderás escoitar as cuñas publicitarias de varios alumnos e alumnas de 2º de ESO que cursan Oratoria: Abril e Sabela anuncian panos de man; Breixo, Pablo e Naira fan o propio cunha crema para os pés.

Finalmente, Catalina explica a historia desta conmemoración. E, non podiamos faltar a esta cita sen homenaxear a un xenial dramaturgo como Valle-Inclán: Luna e Shaila, alumnas de 1º ESO A axudan como meigas a Catalina, Uxía actúa como narradora e Miguel Rancaño Míguez, exalumno do noso instituto e futuro profesor de Lingua Galega, actúa como don Juan Manuel Montenegro. O fragmento corresponde á escena inaugural de Romance de Lobos.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO