Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 4º ESO

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO

Imaxe
 Logo de ter estudado as vangardas, que mellor obradoiro que converternos en autores e autoras de greguerías. O noso modelo indiscutible foi o xenial escritor madrileño Ramón Gómez de la Serna, prolífico autor que definiu as súas chispeantes creacións como suma de metáfora e humorismo.   Pois ben, o alumnado de 4º ESO A e C convida a ler e a disfrutar das súas brillantes greguerías. O retrato de Gómez de la Serna pertence ao pintor mexicano Diego de Rivera, quen en 1915 así o retratou desde os postulados cubistas.

HAIKUS DE 4º DE ESO

Imaxe
As derradeiras semanas do curso son idóneas para dar renda solta á creatividade e para abrir tempos e espazos que permitan desconectar entre proba e proba avaliadora. Os obradoiros elixidos nesta ocasión nos tres grupos de 4º de ESO xiraron arredor do haiku xaponés. A súa escrita precisa un chisco de sensibilidade e capacidade de síntese. Verás nos tres arquivos como os compañeiros e as compañeiras pariron fermosas composicións!   A delicada estampa xaponesa pertence tamén á colección do Museo do Prado.  

BREVES RECENSIÓNS

Imaxe
Durante o terceiro trimestre deste curso 2022-2023 o alumnado de 4º de ESO fixo outra aproximación aos clásicos. Neste caso o reto era case triple: achegarse aos clásicos con La casa de Bernarda Alba , enfrontarse a un xénero pouco visitado como o teatro, aventurarse coa escrita de Federico García Lorca. Houbo, como poderás comprobar, opinións para todos os gustos... Pero o que conta sempre é a pegada que vai deixando en nós cando unha das experiencias lectoras que gardamos na nosa maleta viaxeira. No arquivo atoparás unha selección variada destas reflexións persoais ben argumentadas polo alumnado. A imaxe corresponde ao estreno da traxedia en España no ano 1950, cinco anos despois de que se representase en Bos Aires por primeira vez desde o asasinato do poeta granadino.  

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
A actividade da videorreseña non só pon a proba a competencia lingüística do alumnado en canto a grao de dominio da súa vertente oral, senón tamén a dixital pois o formato requerido é audiovisual. Asemade, esta tarefa esixe xa unha capacidade de análise e interpretación así como de síntese, que sen dúbida reflexa a madurez necesaria para poder enfrontarse á seguinte etapa educativa. Neste curso 2022-2023 desexamos compartir con vós os traballos de varios compañeiros e compañeiras de 4º de ESO, que corroboran as capacidades ás que antes nos referiamos.  A imaxe elixida é un cadro do pintor inglés Charles Edward Perugini, "Girl reading".   A autora desta videorreseña é Érika Campos Barciela, alumna de 4º ESO B.     Agora, quen comenta é Sara Rodríguez Costas, alumna de 4º ESO B.    E, por último, paga a pena que escoites a Nayra Tilve Castro, alumna de 4º ESO A.

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" II

Imaxe
O luns 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4º de ESO viaxou a Santiago de Compostela en compaña das profesoras Laura Pérez Vilas, Aida Pérez Martínez e Catalina Míguez Vilas, encargada da organización desta actividade. Nunha sesión de Lingua Castelá e Literatura houbo tempo para falar sobre Valle-Inclán, consultar materiais variados (catálogos doutras exposicións, edicións facsimilares, retratos, cubertas dos libros, etc.), ollar o tríptico sobre a súa vida e a súa obra, escoitar a voz do autor, ver os vídeos explicativos dos comisarios da exposición... A visita iniciouse ás 11.00 horas no Colexio de Fonseca: mentres o grupo de 4º ESO A, acompañado pola profesora Laura, admiraba a Biblioteca América grazas á explicación da guía que amosa o rico patrimonio da USC, os grupos de 4º ESO B e C xunto coas profesoras Aida e Catalina supervisaban a actividade de búsqueda de información na exposición sobre Valle-Inclán nos tres espazos destinados a dar a coñecer a faceta máis ínt...

BREVES RECENSIÓNS

Imaxe
O alumnado de 4º de ESO vén de ler La tercera máscara da autora barcelonesa Care Santos. Tiveron que artellar un texto argumentativo formal que permitise coñecer a súa sincera valoración arredor desta novela realista sumamente cruda e impactante. Debían aportar motivos ben razoados sen caer en repeticións ou en tópicos.  Ata vintecinco comentarios deben ser destacados e, como poderás comprobar, en cada un atopamos reflexións ben atinadas que apuntan a un beneplácito case unánime.     " La tercera máscara es una lectura que ha conseguido que el cien por cien de mis emociones aflorasen en cada una de sus palabras. He sentido esa historia como mía desde el minuto uno. Care Santos es mi autora favorita y no deja de sorprenderme. Es increíble la manera como consigue que el lector, una vez que se embarca en la lectura, quiera seguir y seguir. Sinceramente, se ha convertido en mi novelista preferida y hasta lloré con el final ya que es una historia muy dura y triste" (Hannah ...

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" I

Imaxe
A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe a profesora da USC Margarita Santos Zas, inaugura o xoves 9 de febreiro a exposición "Valle-Inclán, íntimo" no Colexio de Fonseca , na que poderemos disfrutar en primicia o rico patrimonio artístico do escritor galego, recrearnos nos seus obxectos persoais, admirar a súa caligrafía..., grazas á xenerosidade dos familiares propietarios destes excepcionais fondos. A exposición poderá ser visitada desde o 9 de febreiro ata o 1 de abril, de luns a sábado na franxa horaria que podes consultar no seguinte enlace . O alumnado de Lingua Castelá e Literatura de 4º de ESO acudirá a esta magnífica exposición o luns 27 de marzo durante a visita organizada pola profesora Catalina Míguez Vilas, da que vos iremos dando cumprida información en vindeiras entradas. Quedades, pois, convidados e convidadas a unha fermosa viaxe á nosa "cidade eterna" da man dun xenio indiscutible da literatura española.

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Este curso 2022-2023 as creacións audiovisuais con formato de videopoema sorprenden pola calidade das lecturas dramatizadas e pola orixinalidade de varios traballos entregados polo alumnado dos tres grupos de 4º de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura. A escolma pretende dar conta da valía dalgunhas destas producións, mais cómpre salientar que varios videopoemas máis tamén merecerían un espazo neste blog. Ángela Freire Muíños (4º ESO A) preparouno a partir dun poema de Luis García Montero; Carmen Abal Fontán (4º ESO B) elixiu a Pablo Neruda; Nayra Tilve Castro (4º ESO A) creou o seu traballo cun poema de Claudio Rodríguez; Lara Blas Piñeiro (4º ESO B) achegouse a José Hierro; e Alicia Bastos Gallego (4º ESO C) preferiu ao poeta J. A. Fernández:

OPINA 4º DE ESO

Imaxe
No arranque do curso 2022-2023 o alumnado de 4º de ESO puxo de manifesto o seu dominio do texto argumentativo na materia de Lingua Castelá e Literatura. Despois do visionado dun vídeo curtiño no que o profesor Merlí reflexionaba sobre as redes sociais, adicaron unha xornada lectiva tanto a pensar como a escribir. Estes que podes ler aquí son algúns deses exercicios, resoltos con acerto ao tratarse dun asunto de interese entre os adolescentes e conectado coa nosa actualidade.     Personalmente estoy de acuerdo con Merlí. En la sociedad actual, mayoritariamente los jóvenes dan a conocer gran parte de su vida a través de las redes sociales. Con "gran parte" me refiero al lado positivo y no a los malos momentos que todos tenemos. Sí es cierto que hay personas que realizan un buen uso de estas aplicaciones, ya sea para publicitar su propia marca o bien para concienciar o dar su opinión sobre algún tema. Por desgracia, esa es la menor parte de los usuarios. Como antes apunté, uno d...

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Estas producións do alumnado de 4º de ESO son a proba indiscutible da beleza da palabra poética e da súa intensidade para que esperte en todos nós as emocións e a creatividade. Na materia de Lingua Castelá cada alumno e cada alumna desenvolveu un traballo interpretativo, de comprensión dun poema sempre distinto e elixido pola profesora, a partir do cal idearon con orixinalidade varias xoias que agora toca compartir con vós. Que as disfrutedes! Ariadna Martínez Rodríguez (4º ESO A) a partir dun poema de Concha Méndez.  Ainhoa Fernández González (4º ESO B) a partir dun poema de Josefina de la Torre. María Márquez González (4º ESO A) a partir do poema "Confesiones" de Luis García Montero. Alexandra Ucha Lago (4º ESO B) a partir do poema "Somos mujeres" de Elvira Sastre.

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
As reseñas de obras literarias na materia de Lingua Castelá e Literatura permitiron ao alumnado dos tres grupos de 4º de ESO amosar a súa capacidade de análise e interpretación críticas, ao tempo que este formato en vídeo require un notable dominio da expresión oral, como ides comprobar nesta selección do blog. Cámara e acción! Eva Darriba Cabaleiro (4º ESO A) analiza e valora a novela de Natasha Preston titulada El sótano . Alexandra Ucha Lago (4º ESO B) reseña a obra de Rebeca Stones, Ocho: ¿cuántas reglas romperías por amor?