"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" I

A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe a profesora da USC Margarita Santos Zas, inaugura o xoves 9 de febreiro a exposición "Valle-Inclán, íntimo"
no Colexio de Fonseca, na que poderemos disfrutar en primicia o rico patrimonio artístico do escritor galego, recrearnos nos seus obxectos persoais, admirar a súa caligrafía..., grazas á xenerosidade dos familiares propietarios destes excepcionais fondos.
A exposición poderá ser visitada desde o 9 de febreiro ata o 1 de abril, de luns a sábado na franxa horaria que podes consultar no seguinte enlace.
O alumnado de Lingua Castelá e Literatura de 4º de ESO acudirá a esta magnífica exposición o luns 27 de marzo durante a visita organizada pola profesora Catalina Míguez Vilas, da que vos iremos dando cumprida información en vindeiras entradas.
Quedades, pois, convidados e convidadas a unha fermosa viaxe á nosa "cidade eterna" da man dun xenio indiscutible da literatura española.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO