Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

CRÍTICA TEATRAL

Imaxe
O venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu ao teatro-cine Salesianos de Vigo para asistir á montaxe de Las aventuras de Tom Sawyer por parte da compañía elixida este ano por "Recursos haz theatring".  A actividade forma parte da oferta anual de saídas extraescolares que organiza o Departamento de Lingua Castelá e Literatura co obxectivo de que todo o alumnado do instituto disfrute da máxica experiencia do teatro.  Pois ben, na materia de Lingua Castelá en 1º ESO A e en 1º ESO C cada alumno e cada alumna converteuse en crítico/-a teatral por un día e tivo que expresar a súa sincera opinión sobre a posta en escena desta adaptación teatral. A continuación podedes ler unha síntese das reflexións verquidas polo alumnado de ambos grupos: "A los compañeros y las compañeras de 1º ESO A, en general, la puesta en escena de la adaptación de Las aventuras de Tom Sawyer nos pareció entretenida y divertida por sus ingredientes, sobre todo, misterio y acciones trepidant

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Este curso 2022-2023 as creacións audiovisuais con formato de videopoema sorprenden pola calidade das lecturas dramatizadas e pola orixinalidade de varios traballos entregados polo alumnado dos tres grupos de 4º de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura. A escolma pretende dar conta da valía dalgunhas destas producións, mais cómpre salientar que varios videopoemas máis tamén merecerían un espazo neste blog. Ángela Freire Muíños (4º ESO A) preparouno a partir dun poema de Luis García Montero; Carmen Abal Fontán (4º ESO B) elixiu a Pablo Neruda; Nayra Tilve Castro (4º ESO A) creou o seu traballo cun poema de Claudio Rodríguez; Lara Blas Piñeiro (4º ESO B) achegouse a José Hierro; e Alicia Bastos Gallego (4º ESO C) preferiu ao poeta J. A. Fernández:

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
A descrición non é un tipo de texto doado e, se ás súas peculiaridades sumamos o atranco de ter que describir un cadro e de que esta pintura está oculta tras os carteis superpostos, a proba de expresión escrita acaba cos nervios de calquera. Pero, as vantaxes son inmensas porque estamos obrigados a imaxinar e a inventar. Co formato de xogo de pistas e na hora semanal de reforzo de Lingua Castelá, o alumnado que non cursa Francés atopouse ante un cadro desconcertante como o son todos os creados pola pintora catalana Remedios Varo. Na imaxe podes contemplar o que leva por título "Exploración de las fuentes del río Orinoco". Novamente, o recuncho creativo é de Auria Nieto Alonso (2º ESO C): En esta imagen puedo ver un espacio no muy grande rodeado de lo que parecen ser ventanas. Observo, además, una cabeza que no puedo identificar bien y desconozco si es humana o de un búho. No muy lejos de dicha cabeza puedo identificar a un pájaro. También aprecio una pata y una esquina de lo

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
Nunha das dúas horas semanais adicadas ao reforzo das linguas para mellorar a competencia lingüística daqueles alumnos/-as que non cursan a materia de Francés, traballamos a lectura comprensiva coa obra Cando petan na porta pola noite do autor galego Xabier P. Docampo.  A selección de relatos permite, asemade, deseñar actividades de expresión creativa como, por exemplo, a proposta de escribir a continuación dalgunha destas narracións. Isto foi o que aconteceu coa primeira historia ben inquietante: "O espello do viaxeiro".  Nesta ocasión o "recuncho creativo" é de Auria Nieto Alonso, alumna de 2º ESO C:     Un tempo despois o viaxeiro quería marchar sen dar explicacións. Cando xa o tiña todo listo para irse, era noite e veu un home idéntico a como era el antes de perder a pálpebra, nas mesmas condicións nas que estaba el aquela noite de inverno en que chegara á casa do ferreiro. Ao viaxeiro impactoulle moito pero tentou manter a calma. Invitou ao home a pasar e díxo