Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta videorreseña

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
A actividade da videorreseña non só pon a proba a competencia lingüística do alumnado en canto a grao de dominio da súa vertente oral, senón tamén a dixital pois o formato requerido é audiovisual. Asemade, esta tarefa esixe xa unha capacidade de análise e interpretación así como de síntese, que sen dúbida reflexa a madurez necesaria para poder enfrontarse á seguinte etapa educativa. Neste curso 2022-2023 desexamos compartir con vós os traballos de varios compañeiros e compañeiras de 4º de ESO, que corroboran as capacidades ás que antes nos referiamos.  A imaxe elixida é un cadro do pintor inglés Charles Edward Perugini, "Girl reading".   A autora desta videorreseña é Érika Campos Barciela, alumna de 4º ESO B.     Agora, quen comenta é Sara Rodríguez Costas, alumna de 4º ESO B.    E, por último, paga a pena que escoites a Nayra Tilve Castro, alumna de 4º ESO A.

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
As reseñas de obras literarias na materia de Lingua Castelá e Literatura permitiron ao alumnado dos tres grupos de 4º de ESO amosar a súa capacidade de análise e interpretación críticas, ao tempo que este formato en vídeo require un notable dominio da expresión oral, como ides comprobar nesta selección do blog. Cámara e acción! Eva Darriba Cabaleiro (4º ESO A) analiza e valora a novela de Natasha Preston titulada El sótano . Alexandra Ucha Lago (4º ESO B) reseña a obra de Rebeca Stones, Ocho: ¿cuántas reglas romperías por amor?