Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

ORATORIA IV

Imaxe
Os dezaséis alumnos/-as de 2º de ESO, que cursan a materia de Oratoria, convertéronse agora en autores e autoras de discursos. Como sinala o curriculum LOMCE, o alumnado debe coñecer tanto discursos orais coma escritos nos que poidan tomar contacto cos rasgos da oralidade e cos recursos de persuasión. Pois ben, a situación de aprendizaxe creada partiu da hipótese de atopárense no remate do curso 2024-2025 e durante a suposta celebración do acto de graduación para o alumnado de 4º de ESO. Lede os discursos creados, pois, como resultado das actividades previas deseñadas para que saísen airosos desta empresa. Por certo, o cadro elixido leva por título "Demóstenes practicando Oratoria" e o seu autor é o pintor francés Jean Lecomte du Nouÿ.  "Buenas tardes a todos y a todas: compañeros, profesores y familias visiblemente orgullosas y emocionadas. Hoy, como sabéis, estamos aquí para anunciar el principio del fin. El fin de una etapa muy importante para nuestro desarrollo como

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" I

Imaxe
A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe a profesora da USC Margarita Santos Zas, inaugura o xoves 9 de febreiro a exposición "Valle-Inclán, íntimo" no Colexio de Fonseca , na que poderemos disfrutar en primicia o rico patrimonio artístico do escritor galego, recrearnos nos seus obxectos persoais, admirar a súa caligrafía..., grazas á xenerosidade dos familiares propietarios destes excepcionais fondos. A exposición poderá ser visitada desde o 9 de febreiro ata o 1 de abril, de luns a sábado na franxa horaria que podes consultar no seguinte enlace . O alumnado de Lingua Castelá e Literatura de 4º de ESO acudirá a esta magnífica exposición o luns 27 de marzo durante a visita organizada pola profesora Catalina Míguez Vilas, da que vos iremos dando cumprida información en vindeiras entradas. Quedades, pois, convidados e convidadas a unha fermosa viaxe á nosa "cidade eterna" da man dun xenio indiscutible da literatura española.