Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta videopoema

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Este curso 2022-2023 as creacións audiovisuais con formato de videopoema sorprenden pola calidade das lecturas dramatizadas e pola orixinalidade de varios traballos entregados polo alumnado dos tres grupos de 4º de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura. A escolma pretende dar conta da valía dalgunhas destas producións, mais cómpre salientar que varios videopoemas máis tamén merecerían un espazo neste blog. Ángela Freire Muíños (4º ESO A) preparouno a partir dun poema de Luis García Montero; Carmen Abal Fontán (4º ESO B) elixiu a Pablo Neruda; Nayra Tilve Castro (4º ESO A) creou o seu traballo cun poema de Claudio Rodríguez; Lara Blas Piñeiro (4º ESO B) achegouse a José Hierro; e Alicia Bastos Gallego (4º ESO C) preferiu ao poeta J. A. Fernández:

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Estas producións do alumnado de 4º de ESO son a proba indiscutible da beleza da palabra poética e da súa intensidade para que esperte en todos nós as emocións e a creatividade. Na materia de Lingua Castelá cada alumno e cada alumna desenvolveu un traballo interpretativo, de comprensión dun poema sempre distinto e elixido pola profesora, a partir do cal idearon con orixinalidade varias xoias que agora toca compartir con vós. Que as disfrutedes! Ariadna Martínez Rodríguez (4º ESO A) a partir dun poema de Concha Méndez.  Ainhoa Fernández González (4º ESO B) a partir dun poema de Josefina de la Torre. María Márquez González (4º ESO A) a partir do poema "Confesiones" de Luis García Montero. Alexandra Ucha Lago (4º ESO B) a partir do poema "Somos mujeres" de Elvira Sastre.