Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
A actividade da videorreseña non só pon a proba a competencia lingüística do alumnado en canto a grao de dominio da súa vertente oral, senón tamén a dixital pois o formato requerido é audiovisual. Asemade, esta tarefa esixe xa unha capacidade de análise e interpretación así como de síntese, que sen dúbida reflexa a madurez necesaria para poder enfrontarse á seguinte etapa educativa. Neste curso 2022-2023 desexamos compartir con vós os traballos de varios compañeiros e compañeiras de 4º de ESO, que corroboran as capacidades ás que antes nos referiamos.  A imaxe elixida é un cadro do pintor inglés Charles Edward Perugini, "Girl reading".   A autora desta videorreseña é Érika Campos Barciela, alumna de 4º ESO B.     Agora, quen comenta é Sara Rodríguez Costas, alumna de 4º ESO B.    E, por último, paga a pena que escoites a Nayra Tilve Castro, alumna de 4º ESO A.

"THEATRUM MUNDI"

Imaxe
Co gallo do Día Mundial do Teatro tamén quixemos homenaxear a un xénero que sempre nos entusiasma. Como xa vos adiantamos no blog, o 13 de xaneiro disfrutamos no teatro Salesianos coa adaptación da novela Las aventuras de Tom Sawyer . Pois ben, o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C ensaiamos varias escenas tanto nas clases de Lingua Castelá como en varios recreos e novamente decidimos aproveitar o recurso da radio para elaborar un programa completo. Na presentación realizada polo alumnado de 1º ESO C (Paula, Saray, Brais e Christian) damos conta de datos ben curiosos sobre o autor norteamericano Mark Twain, que aprendemos en clase. Logo, dramatizamos varias escenas da obra: Antía, Bruno, Sabela e Raúl; Omar e Hugo, como representantes de 1º ESO C; Raquel, Eloy, Iago e Hugo; Luna, Thiago, Manuel, Juan, África e Pablo, como representantes de 1º ESO A. No desenrolo do programa poderás escoitar as cuñas publicitarias de varios alumnos e alumnas de 2º de ESO que cursan Oratoria: Abril e Sabela

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" II

Imaxe
O luns 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4º de ESO viaxou a Santiago de Compostela en compaña das profesoras Laura Pérez Vilas, Aida Pérez Martínez e Catalina Míguez Vilas, encargada da organización desta actividade. Nunha sesión de Lingua Castelá e Literatura houbo tempo para falar sobre Valle-Inclán, consultar materiais variados (catálogos doutras exposicións, edicións facsimilares, retratos, cubertas dos libros, etc.), ollar o tríptico sobre a súa vida e a súa obra, escoitar a voz do autor, ver os vídeos explicativos dos comisarios da exposición... A visita iniciouse ás 11.00 horas no Colexio de Fonseca: mentres o grupo de 4º ESO A, acompañado pola profesora Laura, admiraba a Biblioteca América grazas á explicación da guía que amosa o rico patrimonio da USC, os grupos de 4º ESO B e C xunto coas profesoras Aida e Catalina supervisaban a actividade de búsqueda de información na exposición sobre Valle-Inclán nos tres espazos destinados a dar a coñecer a faceta máis ínt

ORATORIA V

Imaxe
Durante o segundo trimestre na materia de Oratoria o alumnado de 2º de ESO traballou por grupos o debate arredor dun tema elixido por consenso entre os seus integrantes. Nesta ocasión cada grupo estivo constituído por catro persoas, dúas a favor e outras dúas en contra, sen superar o tempo máximo de seis minutos de intervención total. Entre os variados temas elixidos destacaron os dereitos dos animais, a tecnoloxía, a legalización das drogas, etc. Podes ver nos vídeos dous destes exercicios prácticos para os que o alumnado tivo que documentarse co obxectivo de acadar os argumentos máis convincentes: o grupo formado por Uxía Freire Muíños, Bruno González Riobó e Xiana Alfaya Caínzos foi moderado por Breixo Díaz Álvarez; o grupo de Breixo Díaz Álvarez, Anxo Figueroa Lago e Sabela Piedras Arca moderouno Uxía Freire Muíños.  

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
Nas clases de reforzo semanal en Lingua Galega o alumnado con exención de Francés aprendeu que son os "haikus" e cal é a estrutura desta breve composición poética orixinaria da literatura xaponesa pero que conta con milleiros de seguidores e creadores por todo o mundo e en todas as tradicións literarias. E, como non podía ser doutra maneira, puxemos en marcha este obradoiro que agora damos a coñecer para que, en contacto coa natureza e en plena eclosión primaveral, poidades disfrutar da beleza. Na imaxe, como non, podes admirar unha estampa xaponesa ("ukiyo-e" ou pintura do mundo flotante) do Museo do Prado.