RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Nas clases de reforzo semanal en Lingua Galega o alumnado con exención de Francés aprendeu que son os "haikus" e cal é a estrutura desta breve composición poética orixinaria da literatura xaponesa pero que conta con milleiros de seguidores e creadores por todo o mundo e en todas as tradicións literarias.
E, como non podía ser doutra maneira, puxemos en marcha este obradoiro que agora damos a coñecer para que, en contacto coa natureza e en plena eclosión primaveral, poidades disfrutar da beleza. Na imaxe, como non, podes admirar unha estampa xaponesa ("ukiyo-e" ou pintura do mundo flotante) do Museo do Prado.
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO