Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta lectura

ITINERARIO LECTOR 1º ESO C

Imaxe
  A listaxe de obras de literatura xuvenil na materia de Lingua Castelá e Literatura non deixa de medrar curso a curso. Quen mellor o saben son os alumnos e alumnas que cursaron 1º de ESO e eles son os encargados de opinar e valorar algunhas destas novelas.   Se cabe, aos novos alumnos e alumnas durante este curso 2024-2025 estes breves comentarios poden servirlles de guía cando dubiden que lectura elixir. O cadro elixido é do soviético Alexander Deineka e está titulado, como non, "Moza cun libro".       Campos de fresas me pareció una obra muy buena y entretenida. A mí no me gusta leer, pero he de admitir que esta novela me encantó. Me atrajo que en cada capítulo aparezca el pensamiento y el punto de vista de un personaje distinto. Es, en mi opinión, muy amena y te deja con la intriga hasta el final por lo que te va enganchando poco a poco. La parte que más me gustó fue el final porque me parece muy original y, además, no me lo esperaba.   (Aela ...

CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO

Imaxe
Durante o primeiro trimestre e na materia de Lingua Castelá e Literatura, tanto o alumnado de 1º ESO A como o de 1º ESO C viviron o reto de realizar unha breve intervención oral ante os compañeiros e as compañeiras para comentar unha lectura que lles tivese deixado fonda pegada.  Durante o tempo estipulado de intervención oral tiñan que presentar a obra, aportar información sobre o autor/-a, aclararnos o desenrolo da historia, elixir a un personaxe e caracterizalo e, por último, brindar unha sincera valoración da súa lectura así como ler unha breve pasaxe. Pois ben, son moitos os traballos pero de entre eles vouvos destacar os de tres alumnos/-as: Pablo Boullosa Alonso e Raquel Bouzón Teles de 1º ESO A; e Omar Martínez Dopazo de 1º ESO C.   O retrato que podes admirar é do pintor rococó francés Jean-Honoré Fragonard, "A lectora".

CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO

Imaxe
Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022 na materia de Lingua Castelá e Literatura o alumnado de 1º de ESO A creou na súa aula un club de lectura sui generis . Cada alumno comentou unha obra distinta, que presentaba e gababa con entusiasmo, co obxectivo de fomentar a lectura entre os seus compañeiros e compañeiras. Partiron dun guion previo con pautas dadas pola profesora para que puideran artellar a súa intervención oral. Velaquí vos deixo algunhas mostras representativas desta actividade. E, por certo, Ledicia Costas arrasa!   ("Muller lendo a carón dunha ventá", Delphin Enjolras)  Pablo Docampo Pérez elixiu a novela Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.  A Ana Lía Martínez Figueroa tamén lle encantou Ledicia Costas pero, nesta ocasión, o título foi A señorita Bubble . Finalmente, Xiana Vázquez García optou por Agatha Christie e falounos de El caso de los anónimos .