Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta oratoria

ORATORIA VI

Imaxe
Co alumnado de Oratoria en 2º de ESO eliximos como broche final de curso unha actividade teatral: o "kamishibai". Aproveitamos o "butai" (o teatriño de madeira) pero cambiamos bastante a dinámica orixinal deste "teatro de papel": os "gaito kamishibaiya" eran varios e varias, non só un único actor; as imaxes das láminas contaban tanto como a linguaxe non verbal. As catro actrices consumadas que podes ver no seguinte vídeo triunfaron sobradamente pola súa orixinalidade e polo entusiasmo cos que crearon a súa persoal interpretación de "O gato con botas".  

ORATORIA V

Imaxe
Durante o segundo trimestre na materia de Oratoria o alumnado de 2º de ESO traballou por grupos o debate arredor dun tema elixido por consenso entre os seus integrantes. Nesta ocasión cada grupo estivo constituído por catro persoas, dúas a favor e outras dúas en contra, sen superar o tempo máximo de seis minutos de intervención total. Entre os variados temas elixidos destacaron os dereitos dos animais, a tecnoloxía, a legalización das drogas, etc. Podes ver nos vídeos dous destes exercicios prácticos para os que o alumnado tivo que documentarse co obxectivo de acadar os argumentos máis convincentes: o grupo formado por Uxía Freire Muíños, Bruno González Riobó e Xiana Alfaya Caínzos foi moderado por Breixo Díaz Álvarez; o grupo de Breixo Díaz Álvarez, Anxo Figueroa Lago e Sabela Piedras Arca moderouno Uxía Freire Muíños.  

ORATORIA IV

Imaxe
Os dezaséis alumnos/-as de 2º de ESO, que cursan a materia de Oratoria, convertéronse agora en autores e autoras de discursos. Como sinala o curriculum LOMCE, o alumnado debe coñecer tanto discursos orais coma escritos nos que poidan tomar contacto cos rasgos da oralidade e cos recursos de persuasión. Pois ben, a situación de aprendizaxe creada partiu da hipótese de atopárense no remate do curso 2024-2025 e durante a suposta celebración do acto de graduación para o alumnado de 4º de ESO. Lede os discursos creados, pois, como resultado das actividades previas deseñadas para que saísen airosos desta empresa. Por certo, o cadro elixido leva por título "Demóstenes practicando Oratoria" e o seu autor é o pintor francés Jean Lecomte du Nouÿ.  "Buenas tardes a todos y a todas: compañeros, profesores y familias visiblemente orgullosas y emocionadas. Hoy, como sabéis, estamos aquí para anunciar el principio del fin. El fin de una etapa muy importante para nuestro desarrollo como...

ORATORIA III

Imaxe
Nesta materia de libre configuración, que o alumnado de 2º ESO cursa segundo o curriculum LOMCE, hai que recoñecer que nunha única hora semanal de clase imos dando pequenos pasos que axuden a mellorar a comunicación oral do alumnado na súa faceta expresiva.  No arranque do curso as tarefas foron sinxelas pero, xa no remate do trimestre, houbo que resolver unha exposición oral sobre tema libremente elixido dunha listaxe na que tamén facilito a estrutura da intervención. É, pois, todo un reto porque, trala busca de información, hai que organizala, aprendela e, finalmente, actuar ante os compañeiros/-as alomenos durante catro minutos.  Velaquí deixo, pois, dúas mostras: Uxía Freire Muíños (2º ESO C) fala sobre os gatos; Sabela Piedras Arca (2º ESO B), sobre a práctica dun deporte moi redondelán como o remo. Na imaxe podes admirar un cadro do pintor e litógrafo amante deses mininos: o francés finisecular Théophile Alexandre Steinlen.    Para que poidas apreciar a evol...

ORATORIA II

Imaxe
Azul ou rosa? Na materia de Oratoria de 2º de ESO tocaba enfrontarse a unha breve intervención oral arredor dun mito. A selección de personaxes, tanto masculinos como femininos, era variada pero a condición estaba clara: se eras alumno, tarxeta azul con personaxe feminino; se eras alumna, tarxeta rosa con personaxe masculino. Este exercicio procura tanto a búsqueda autónoma de información, aínda que a estrutura coas pautas que guían é facilitada pola profesora, como a mellora da expresión oral do alumnado. Podes ollar a seguinte selección de vídeos que dan conta do bo traballo desenvolvido polo alumnado: a Uxía Freire Muíños (2º ESO C) tocoulle falar de Ícaro e a Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C), de Pandora. O cadro é do pintor renacentista florentino Sandro Boticelli, "O nacemento de Venus".

ORATORIA I

Imaxe
Na materia de Oratoria en 2º de ESO o alumnado creou por grupos varios anuncios publicitarios a partir dunha selección previa de produtos. O cronómetro xogaba en contra deles: durante un tempo máximo dun minuto había que ter a man todos os recursos persuasivos e aproveitar a potencialidade da linguaxe non verbal. Xa podemos botar unha ollada a estes traballos ben creativos aos que, mesmo, hai que recoñecerlles a chispa humorística. (Alphonse Mucha)    Abril Nieto Moráguez (2º ESO A) e Sabela Piedras Arca (2º ESO B) venden panos da man: Naira Cabaleiro López (2º ESO A), Pablo Docampo Pérez (2º ESO B) e Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C) venden crema reparadora para pés: