ORATORIA III

Nesta materia de libre configuración, que o alumnado de 2º ESO cursa segundo o curriculum LOMCE, hai que recoñecer que nunha única hora semanal de clase imos dando pequenos pasos que axuden a mellorar a comunicación oral do alumnado na súa faceta expresiva. 

No arranque do curso as tarefas foron sinxelas pero, xa no remate do trimestre, houbo que resolver unha exposición oral sobre tema libremente elixido dunha listaxe na que tamén facilito a estrutura da intervención.

É, pois, todo un reto porque, trala busca de información, hai que organizala, aprendela e, finalmente, actuar ante os compañeiros/-as alomenos durante catro minutos. 

Velaquí deixo, pois, dúas mostras: Uxía Freire Muíños (2º ESO C) fala sobre os gatos; Sabela Piedras Arca (2º ESO B), sobre a práctica dun deporte moi redondelán como o remo.

Na imaxe podes admirar un cadro do pintor e litógrafo amante deses mininos: o francés finisecular Théophile Alexandre Steinlen. 

 

Para que poidas apreciar a evolución, os tres exemplos que a continuación engado corresponden xa ao remate do segundo trimestre e nesta ocasión o emprego da lingua galega era de obrigado cumprimento: Uxía Freire Muíños elixiu un país, en concreto, Xapón; Abril Nieto Moráguez, o deporte do ping-pong; e Pablo Docampo Pérez sorprendeu coa lenda do monstruo do lago Ness.
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO