Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2022

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Estas producións do alumnado de 4º de ESO son a proba indiscutible da beleza da palabra poética e da súa intensidade para que esperte en todos nós as emocións e a creatividade. Na materia de Lingua Castelá cada alumno e cada alumna desenvolveu un traballo interpretativo, de comprensión dun poema sempre distinto e elixido pola profesora, a partir do cal idearon con orixinalidade varias xoias que agora toca compartir con vós. Que as disfrutedes! Ariadna Martínez Rodríguez (4º ESO A) a partir dun poema de Concha Méndez.  Ainhoa Fernández González (4º ESO B) a partir dun poema de Josefina de la Torre.   María Márquez González (4º ESO A) a partir do poema "Confesiones" de Luis García Montero.     Alexandra Ucha Lago (4º ESO B) a partir do poema "Somos mujeres" de Elvira Sastre.  

OBRADOIRO nº 4 EN 1º DE ESO: pinturas con palabras

Imaxe
Neste obradoiro da materia Lingua Castelá e Literatura cada alumno e cada alumna debía escribir a descrición dun cadro famoso na Historia da Arte. Trátase dun exercicio ben complexo de expresión escrita no que o alumnado debe procurar información contextualizadora sobre o pintor, a época, o estilo pictórico..., debe observar en detalle a pintura elixida e recompilar en forma de chuvia de ideas todas as súas ocorrencias para, finalmente, proceder á redacción dun texto subxectivo en formato de borrador que ha de incluír as súas impresións persoais.   De todos os traballos elaborados podedes ler a seguinte selección. Alexandre Barreiro Rubio a partir do cadro de Monet, "O estanque de nenúfares": En este cuadro del pintor francés Claude Monet se puede apreciar un espacio abierto y muy iluminado, en el que se observa un estanque con nenúfares sobre sus aguas y un puente de color gris azulado que lo cruza de lado a lado. En la composición predomina el color verde, dado que abunda

OBRADOIRO nº 3 EN 1º DE ESO: xogo de pistas con Pablo Picasso

Imaxe
Nesta ocasión xogamos a ser detectives a partir dun cadro que só na derradeira pista podiamos observar ao completo. A pintura elixida foi "Dúas mulleres correndo na praia (A carreira)" de Pablo Picasso e as producións do alumnado na materia de Lingua Castelá deparou sorpresas ben gratas que desexamos compartir con todos vós. Con esta actividade traballamos a descrición, a narración e a argumentación de xeito conxunto en tres exercicios de expresión escrita. Velaquí a escolma: 1. Imagino a un hombre y a una mujer bailando en un gran espacio abierto, que transmiten alegría porque lo están pasando bien y disfrutan. Pero, al mismo tiempo, experimento desconcierto ya que estas dos figuras son enigmáticas. 2. Hace muchos años entre los gritos de un guardia y medio palacio enfadado, escapaban dos mujeres vestidas ligeramente con unas telas viejas y blancas, las cuales se llamaban Francisca y Lola. Acababan de romper la estatua valiosísima del rey. Pero, desafortunadamente, a las dos

OBRADOIRO nº 2 EN 1º DE ESO: testamentos ológrafos

Imaxe
O escritor uruguaio Mario Benedetti publicou en 1999 a súa creación titulada "Testamento ológrafo" na recopilación de relatos Buzón de tiempo . Na materia de Lingua Castelá o alumnado de 1º ESO A resolveu magnificamente a actividade deseñada a partir deste texto modelo, do que vos deixamos unhas liñas para que logo poidades admirar algúns dos textos escritos polo alumnado:   Yo, Rogelio Velasco, dejo mis anteojos o gafas o espejuelos, a mi sobrino Esteban, para que pueda ver el mundo como yo lo he visto, a veces injusto, desarticulado, confuso, y otras veces generoso, ordenado, estimulante. [...] Yo, Rogelio Velasco, divorciado y vuelto a emparejar, nacido en Mercedes hace 65 años, dejo mi cámara fotográfica a mi exmujer, porque fue con esta Rolleiflex que tratamos de fijar ciertos instantes de nuestra breve bienaventuranza. [...] Yo, Rogelio Velasco, con la salud algo quebrada y no sé si recuperable, dejo a mi segunda mujer

OBRADOIRO nº 1 EN 1º DE ESO: "LIMERICKS" e POEMAS DIAMANTE

Imaxe
No primeiro trimestre os alumnos e as alumnas de 1º de ESO A tiñan que ir máis a modo na materia de Lingua Castelá, por iso eliximos textos sinxelos e divertidos para convencernos de que somos quen de dar renda solta á nosa creatividade. Por unha banda, o limerick obriga á nosa imaxinación a poñer en xogo, nunca mellor dito, o humor. Pola outra banda, sen decatarnos e coma se fósemos nenos e nenas xogando no patio, imos repasando as palabras máis presumidas da lingua mentres creamos poemas diamante.   Aquí tendes unha escolma dalgúns traballos: Un fantasma muy molón que asusta un montón, al que entró en su castillo le robó el calzoncillo ese fantasma muy molón .  (Bruno González Riobó)  Una flor muy mojada que quería estar casada, no consigue a su amor porque todos son como un dolor, esa flor muy mojada.  (Ana Lía Martínez Figueroa) Una cabra muy vaga que no sabe que es la indicada, decidió pensar con la mente pero solo le explotó la frente a la cabra muy vaga.  (Xoán Corugeira Ligero

AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

Imaxe
As reseñas de obras literarias na materia de Lingua Castelá e Literatura permitiron ao alumnado dos tres grupos de 4º de ESO amosar a súa capacidade de análise e interpretación críticas, ao tempo que este formato en vídeo require un notable dominio da expresión oral, como ides comprobar nesta selección do blog. Cámara e acción! Eva Darriba Cabaleiro (4º ESO A) analiza e valora a novela de Natasha Preston titulada El sótano .   Alexandra Ucha Lago (4º ESO B) reseña a obra de Rebeca Stones, Ocho: ¿cuántas reglas romperías por amor? 

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

Imaxe
Xa no terceiro trimestre do curso 2021-2022 o alumnado de 1º de ESO A embarcouse nunha tarefa máis complexa. Elixiron libremente un tema do seu interese, seguiron o guion previo facilitado pola profesora na materia de Lingua Castelá, desenvolveron unha investigación para recabar a información necesaria e, finalmente, resolveron a actividade de exposición oral ante os compañeiros e compañeiras. Podes ver nos seguintes vídeos unha selección dos traballos. Por fin, sen mascarilla, ou case!  Alba Fernández Garrido falounos sobre o tigre de Bengala.     Ana Lía Martínez Figueroa preferiu un país e o elixido foi Grecia.  

DÍA DA POESÍA

Imaxe
Para conmemorar o 21 de marzo, que a UNESCO declarou en 1999 como " Día Mundial da Poesía ", un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO A preparou a lectura dramatizada do poema de Federico García Lorca "Romance de la luna, luna", que o escritor granadino publicou en 1928 na súa colección de dezaoito romances que integran Romancero gitano . A actividade desenvolveuse na materia de Lingua Castelá e Literatura e tamén contamos coa axuda inestimable do profesorado que facilitou os ensaios fóra da aula. Podes ver o froito no enlace a RQR , a radio do IES Mendiño de Redondela.

CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO

Imaxe
Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022 na materia de Lingua Castelá e Literatura o alumnado de 1º de ESO A creou na súa aula un club de lectura sui generis . Cada alumno comentou unha obra distinta, que presentaba e gababa con entusiasmo, co obxectivo de fomentar a lectura entre os seus compañeiros e compañeiras. Partiron dun guion previo con pautas dadas pola profesora para que puideran artellar a súa intervención oral. Velaquí vos deixo algunhas mostras representativas desta actividade. E, por certo, Ledicia Costas arrasa!   ("Muller lendo a carón dunha ventá", Delphin Enjolras)  Pablo Docampo Pérez elixiu a novela Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.   A Ana Lía Martínez Figueroa tamén lle encantou Ledicia Costas pero, nesta ocasión, o título foi A señorita Bubble .     Finalmente, Xiana Vázquez García optou por Agatha Christie e falounos de El caso de los anónimos .

DE QUEN VEÑO SENDO?

Imaxe
 Pois esta é a resposta. Son Catalina Míguez Vilas, profesora de Lingua Castelá e Literatura no IES Mendiño de Redondela, centro no que obtiven o meu segundo destino definitivo desde o curso 2004-2005. En febreiro de 2022 acadei a condición de catedrática no concurso de méritos convocado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Tamén desde 1995 formo parte do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC ( GIVIUS ), pertencente á Cátedra Valle-Inclán da Facultade de Filoloxía. E, se precisas máis información, podes consultar o enlace.

CARTA AOS LECTORES/-AS

Imaxe
  Benvidos/-as a "POIESIS": blog das linguas. A palabra poiesis en grego significa creación, produción. Como este blog está pensado para que o alumnado do IES Mendiño de Redondela dea renda solta á súa creatividade, o título non lle acae nada mal.   Estades, pois, convidados/-as a participar coas vosas creacións, escritas ou orais, na lingua ou nas linguas que prefirades. Non esquezades que a vida é un xogo no que estamos a participar ata que a partida remate: as palabras e o coñecemento fan que o camiño sexa máis pracenteiro.  ("Ruptura" de Remedios Varo)