DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o 21 de marzo, que a UNESCO declarou en 1999 como "Día Mundial da Poesía", un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO A preparou a lectura dramatizada do poema de Federico García Lorca "Romance de la luna, luna", que o escritor granadino publicou en 1928 na súa colección de dezaoito romances que integran Romancero gitano. A actividade desenvolveuse na materia de Lingua Castelá e Literatura e tamén contamos coa axuda inestimable do profesorado que facilitou os ensaios fóra da aula. Podes ver o froito no enlace a RQR, a radio do IES Mendiño de Redondela.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO