Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

MULLERES: PERIGOSAS e EN PERIGO

Imaxe
Berraba Santa Catalina de Siena: "¡Basta de silencios! ¡Gritad con cien mil lenguas! porque, por haber callado, ¡el mundo está podrido!". Xa vedes pola data desta entrada que o silencio foi prolongado pero ímolo romper con forza e da man das mulleres. No IES Mendiño abrimos exposición arredor das creadoras silenciadas, dos estereotipos inventados polos homes, das vítimas do patriarcado...  A nosa iniciativa xorde grazas ao "savoir faire" da profesora de Relixión, Almudena Suárez Cerviño, quen trouxo ao instituto unha proposta moi interesante co obxectivo de visibilizar ás que a historia anulou ao longo dos séculos. A súa iniciativa foi magnificamente acollida desde a Consellería de Educación e foi ela a coordinadora do Proxecta durante o curso 2022-2023. Aquí vos deixo tanto a exposición dividida, como comprobaredes, en dúas seccións: "mulleres perigosas", "mulleres en perigo". Tamén podedes acceder ao folleto que permite resolver a actividade AL