MULLERES: PERIGOSAS e EN PERIGO
Xa vedes pola data desta entrada que o silencio foi prolongado pero ímolo romper con forza e da man das mulleres.
No IES Mendiño abrimos exposición arredor das creadoras silenciadas, dos estereotipos inventados polos homes, das vítimas do patriarcado...
A nosa iniciativa xorde grazas ao "savoir faire" da profesora de Relixión, Almudena Suárez Cerviño, quen trouxo ao instituto unha proposta moi interesante co obxectivo de visibilizar ás que a historia anulou ao longo dos séculos. A súa iniciativa foi magnificamente acollida desde a Consellería de Educación e foi ela a coordinadora do Proxecta durante o curso 2022-2023.
Aquí vos deixo tanto a exposición dividida, como comprobaredes, en dúas seccións: "mulleres perigosas", "mulleres en perigo". Tamén podedes acceder ao folleto que permite resolver a actividade ALFIN para que a vosa cultura enriquecida abra camiño á vosa reflexión e ao voso compromiso co feminismo.
Por último, desexo destacar o excelente traballo desenvolvido por Copy Redondela e, de xeito especial, o deseño de Mai Villar pois é ela a artífice da creatividade visual e estética dos paneis.
Comentarios
Publicar un comentario