Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta club

OPINA 1º DE ESO

Imaxe
Agora é a quenda dos máis cativos e cativas do noso instituto.  Como a lectura do terceiro trimestre foi El castillo ambulante , xa veredes polos seus comentarios que non resultou do agrado da maioría: moitas páxinas e ningunha ilustración! Haberá que dar un cambio sinalado o vindeiro curso para que a lectura sexa o máis pracenteira posible neste mundo dixital e tecnolóxico no que nos movemos. Complementariamente puidemos disfrutar a magnífica adaptación cinematográfica do cineasta xaponés Hayao Miyazaki. A imaxe que ilustra esta entrada pertence precisamente á película.  

BREVES RECENSIÓNS

Imaxe
Durante o terceiro trimestre deste curso 2022-2023 o alumnado de 4º de ESO fixo outra aproximación aos clásicos. Neste caso o reto era case triple: achegarse aos clásicos con La casa de Bernarda Alba , enfrontarse a un xénero pouco visitado como o teatro, aventurarse coa escrita de Federico García Lorca. Houbo, como poderás comprobar, opinións para todos os gustos... Pero o que conta sempre é a pegada que vai deixando en nós cando unha das experiencias lectoras que gardamos na nosa maleta viaxeira. No arquivo atoparás unha selección variada destas reflexións persoais ben argumentadas polo alumnado. A imaxe corresponde ao estreno da traxedia en España no ano 1950, cinco anos despois de que se representase en Bos Aires por primeira vez desde o asasinato do poeta granadino.  

BREVES RECENSIÓNS

Imaxe
O alumnado de 4º de ESO vén de ler La tercera máscara da autora barcelonesa Care Santos. Tiveron que artellar un texto argumentativo formal que permitise coñecer a súa sincera valoración arredor desta novela realista sumamente cruda e impactante. Debían aportar motivos ben razoados sen caer en repeticións ou en tópicos.  Ata vintecinco comentarios deben ser destacados e, como poderás comprobar, en cada un atopamos reflexións ben atinadas que apuntan a un beneplácito case unánime.     " La tercera máscara es una lectura que ha conseguido que el cien por cien de mis emociones aflorasen en cada una de sus palabras. He sentido esa historia como mía desde el minuto uno. Care Santos es mi autora favorita y no deja de sorprenderme. Es increíble la manera como consigue que el lector, una vez que se embarca en la lectura, quiera seguir y seguir. Sinceramente, se ha convertido en mi novelista preferida y hasta lloré con el final ya que es una historia muy dura y triste" (Hannah Coll

CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO

Imaxe
Durante o primeiro trimestre e na materia de Lingua Castelá e Literatura, tanto o alumnado de 1º ESO A como o de 1º ESO C viviron o reto de realizar unha breve intervención oral ante os compañeiros e as compañeiras para comentar unha lectura que lles tivese deixado fonda pegada.  Durante o tempo estipulado de intervención oral tiñan que presentar a obra, aportar información sobre o autor/-a, aclararnos o desenrolo da historia, elixir a un personaxe e caracterizalo e, por último, brindar unha sincera valoración da súa lectura así como ler unha breve pasaxe. Pois ben, son moitos os traballos pero de entre eles vouvos destacar os de tres alumnos/-as: Pablo Boullosa Alonso e Raquel Bouzón Teles de 1º ESO A; e Omar Martínez Dopazo de 1º ESO C.   O retrato que podes admirar é do pintor rococó francés Jean-Honoré Fragonard, "A lectora".  

CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO

Imaxe
Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022 na materia de Lingua Castelá e Literatura o alumnado de 1º de ESO A creou na súa aula un club de lectura sui generis . Cada alumno comentou unha obra distinta, que presentaba e gababa con entusiasmo, co obxectivo de fomentar a lectura entre os seus compañeiros e compañeiras. Partiron dun guion previo con pautas dadas pola profesora para que puideran artellar a súa intervención oral. Velaquí vos deixo algunhas mostras representativas desta actividade. E, por certo, Ledicia Costas arrasa!   ("Muller lendo a carón dunha ventá", Delphin Enjolras)  Pablo Docampo Pérez elixiu a novela Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.   A Ana Lía Martínez Figueroa tamén lle encantou Ledicia Costas pero, nesta ocasión, o título foi A señorita Bubble .     Finalmente, Xiana Vázquez García optou por Agatha Christie e falounos de El caso de los anónimos .