Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta exposicións

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

Imaxe
Novamente foi durante o terceiro trimestre cando o alumnado de 1º de ESO A e C tivo que desenvolver unha indagación informativa arredor dun tema e, logo, dar a coñecer o produto final falando fronte aos seus compañeiros e compañeiras de clase. Traballamos, deste xeito, a oratoria desde a materia de Lingua Castelá ao tempo que aprendemos e rompemos coa rutina diaria porque cada alumno e cada alumna acaba convertido en mestre. Marta Barreiro Pérez (1º ESO A) elixiu o tema dos golfiños; Luna Regueiro Vuelta (1º ESO A) falounos da patinaxe; Raquel Bouzón Teles (1º ESO A) ilustrounos arredor das ninfas; e Paula González Mirou (1º ESO C) preferiu o fútbol sala. O cadro elixido de Pierre-Auguste Renoir leva por título "Patinadores no Bois de Boulogne".  

ORATORIA III

Imaxe
Nesta materia de libre configuración, que o alumnado de 2º ESO cursa segundo o curriculum LOMCE, hai que recoñecer que nunha única hora semanal de clase imos dando pequenos pasos que axuden a mellorar a comunicación oral do alumnado na súa faceta expresiva.  No arranque do curso as tarefas foron sinxelas pero, xa no remate do trimestre, houbo que resolver unha exposición oral sobre tema libremente elixido dunha listaxe na que tamén facilito a estrutura da intervención. É, pois, todo un reto porque, trala busca de información, hai que organizala, aprendela e, finalmente, actuar ante os compañeiros/-as alomenos durante catro minutos.  Velaquí deixo, pois, dúas mostras: Uxía Freire Muíños (2º ESO C) fala sobre os gatos; Sabela Piedras Arca (2º ESO B), sobre a práctica dun deporte moi redondelán como o remo. Na imaxe podes admirar un cadro do pintor e litógrafo amante deses mininos: o francés finisecular Théophile Alexandre Steinlen.    Para que poidas apreciar a evol...

ORATORIA II

Imaxe
Azul ou rosa? Na materia de Oratoria de 2º de ESO tocaba enfrontarse a unha breve intervención oral arredor dun mito. A selección de personaxes, tanto masculinos como femininos, era variada pero a condición estaba clara: se eras alumno, tarxeta azul con personaxe feminino; se eras alumna, tarxeta rosa con personaxe masculino. Este exercicio procura tanto a búsqueda autónoma de información, aínda que a estrutura coas pautas que guían é facilitada pola profesora, como a mellora da expresión oral do alumnado. Podes ollar a seguinte selección de vídeos que dan conta do bo traballo desenvolvido polo alumnado: a Uxía Freire Muíños (2º ESO C) tocoulle falar de Ícaro e a Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C), de Pandora. O cadro é do pintor renacentista florentino Sandro Boticelli, "O nacemento de Venus".

ORATORIA I

Imaxe
Na materia de Oratoria en 2º de ESO o alumnado creou por grupos varios anuncios publicitarios a partir dunha selección previa de produtos. O cronómetro xogaba en contra deles: durante un tempo máximo dun minuto había que ter a man todos os recursos persuasivos e aproveitar a potencialidade da linguaxe non verbal. Xa podemos botar unha ollada a estes traballos ben creativos aos que, mesmo, hai que recoñecerlles a chispa humorística. (Alphonse Mucha)    Abril Nieto Moráguez (2º ESO A) e Sabela Piedras Arca (2º ESO B) venden panos da man: Naira Cabaleiro López (2º ESO A), Pablo Docampo Pérez (2º ESO B) e Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C) venden crema reparadora para pés:

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

Imaxe
Xa no terceiro trimestre do curso 2021-2022 o alumnado de 1º de ESO A embarcouse nunha tarefa máis complexa. Elixiron libremente un tema do seu interese, seguiron o guion previo facilitado pola profesora na materia de Lingua Castelá, desenvolveron unha investigación para recabar a información necesaria e, finalmente, resolveron a actividade de exposición oral ante os compañeiros e compañeiras. Podes ver nos seguintes vídeos unha selección dos traballos. Por fin, sen mascarilla, ou case! Alba Fernández Garrido falounos sobre o tigre de Bengala. Ana Lía Martínez Figueroa preferiu un país e o elixido foi Grecia.