AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO
Novamente foi durante o terceiro trimestre cando o alumnado de 1º de ESO A e C tivo que desenvolver unha indagación informativa arredor dun tema e, logo, dar a coñecer o produto final falando fronte aos seus compañeiros e compañeiras de clase.
Traballamos, deste xeito, a oratoria desde a materia de Lingua Castelá ao tempo que aprendemos e rompemos coa rutina diaria porque cada alumno e cada alumna acaba convertido en mestre.
Marta Barreiro Pérez (1º ESO A) elixiu o tema dos golfiños; Luna Regueiro Vuelta (1º ESO A) falounos da patinaxe; Raquel Bouzón Teles (1º ESO A) ilustrounos arredor das ninfas; e Paula González Mirou (1º ESO C) preferiu o fútbol sala.
O cadro elixido de Pierre-Auguste Renoir leva por título "Patinadores no Bois de Boulogne".
Comentarios
Publicar un comentario