Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta poesía

OBRADOIRO 1º ESO C

Imaxe
En breve estará entre nós o outono e, por iso, retomo este blog coa imaxe creada por Alphonse Mucha para esta melancólica estación anual. O curso pasado quedaron no tinteiro moitas das producións do meu alumnado realizadas na materia de Lingua Castelá e Literatura e xa vai sendo hora de que as dea a coñecer por se vos inspiran.   En primeiro lugar, Ana de la Cuesta crea un relato a partir de dúas liñas orixinais dun dos libros que conforman a saga Ulisses Moore .   A continuación, Marea Amoedo presenta dous textos poéticos: un poema diamante e un "limerick". Que todos e todas disfrutemos do novo curso 2024-2025!   "Fuera oscurecía y continuaba nevando. Julia, sentada en la repisa de la ventana, miraba hacia el exterior y seguía pensando en la reciente muerte de su padre. Al siguiente día paró de nevar. Julia cogió uno de los caballos del establo y salió por el bosque montando al de su padre. Esta iniciativa la ayudó mucho e intentaba recuperar la calma y la paz mental,...

HAIKUS DE 4º DE ESO

Imaxe
As derradeiras semanas do curso son idóneas para dar renda solta á creatividade e para abrir tempos e espazos que permitan desconectar entre proba e proba avaliadora. Os obradoiros elixidos nesta ocasión nos tres grupos de 4º de ESO xiraron arredor do haiku xaponés. A súa escrita precisa un chisco de sensibilidade e capacidade de síntese. Verás nos tres arquivos como os compañeiros e as compañeiras pariron fermosas composicións!   A delicada estampa xaponesa pertence tamén á colección do Museo do Prado.  

DÍA DA POESÍA

Imaxe
Para conmemorar o 21 de marzo, que a UNESCO declarou en 1999 como " Día Mundial da Poesía ", un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO A preparou a lectura dramatizada do poema de Federico García Lorca "Romance de la luna, luna", que o escritor granadino publicou en 1928 na súa colección de dezaoito romances que integran Romancero gitano . A actividade desenvolveuse na materia de Lingua Castelá e Literatura e tamén contamos coa axuda inestimable do profesorado que facilitou os ensaios fóra da aula. Podes ver o froito no blog da radio do IES Mendiño de Redondela.