CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO
Durante o primeiro trimestre e na materia de Lingua Castelá e Literatura, tanto o alumnado de 1º ESO A como o de 1º ESO C viviron o reto de realizar unha breve intervención oral ante os compañeiros e as compañeiras para comentar unha lectura que lles tivese deixado fonda pegada.
Durante o tempo estipulado de intervención oral tiñan que presentar a obra, aportar información sobre o autor/-a, aclararnos o desenrolo da historia, elixir a un personaxe e caracterizalo e, por último, brindar unha sincera valoración da súa lectura así como ler unha breve pasaxe.
Pois ben, son moitos os traballos pero de entre eles vouvos destacar os de tres alumnos/-as: Pablo Boullosa Alonso e Raquel Bouzón Teles de 1º ESO A; e Omar Martínez Dopazo de 1º ESO C.
O retrato que podes admirar é do pintor rococó francés Jean-Honoré Fragonard, "A lectora".
Comentarios
Publicar un comentario