CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO

Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022 na materia de Lingua Castelá e Literatura o alumnado de 1º de ESO A creou na súa aula un club de lectura sui generis. Cada alumno comentou unha obra distinta, que presentaba e gababa con entusiasmo, co obxectivo de fomentar a lectura entre os seus compañeiros e compañeiras. Partiron dun guion previo con pautas dadas pola profesora para que puideran artellar a súa intervención oral. Velaquí vos deixo algunhas mostras representativas desta actividade. E, por certo, Ledicia Costas arrasa!

 

("Muller lendo a carón dunha ventá", Delphin Enjolras) 

Pablo Docampo Pérez elixiu a novela Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas.

 

A Ana Lía Martínez Figueroa tamén lle encantou Ledicia Costas pero, nesta ocasión, o título foi A señorita Bubble.

  

Finalmente, Xiana Vázquez García optou por Agatha Christie e falounos de El caso de los anónimos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MULLERES: PERIGOSAS e EN PERIGO

OPINA 1º DE BACHARELATO

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO