ORATORIA VI

Co alumnado de Oratoria en 2º de ESO eliximos como broche final de curso unha actividade teatral: o "kamishibai".
Aproveitamos o "butai" (o teatriño de madeira) pero cambiamos bastante a dinámica orixinal deste "teatro de papel": os "gaito kamishibaiya" eran varios e varias, non só un único actor; as imaxes das láminas contaban tanto como a linguaxe non verbal.
As catro actrices consumadas que podes ver no seguinte vídeo triunfaron sobradamente pola súa orixinalidade e polo entusiasmo cos que crearon a súa persoal interpretación de "O gato con botas".
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO