"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" II

O luns 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4º de ESO viaxou a Santiago de Compostela en compaña das profesoras Laura Pérez Vilas, Aida Pérez Martínez e Catalina Míguez Vilas, encargada da organización desta actividade.
Nunha sesión de Lingua Castelá e Literatura houbo tempo para falar sobre Valle-Inclán, consultar materiais variados (catálogos doutras exposicións, edicións facsimilares, retratos, cubertas dos libros, etc.), ollar o tríptico sobre a súa vida e a súa obra, escoitar a voz do autor, ver os vídeos explicativos dos comisarios da exposición...

A visita iniciouse ás 11.00 horas no Colexio de Fonseca: mentres o grupo de 4º ESO A, acompañado pola profesora Laura, admiraba a Biblioteca América grazas á explicación da guía que amosa o rico patrimonio da USC, os grupos de 4º ESO B e C xunto coas profesoras Aida e Catalina supervisaban a actividade de búsqueda de información na exposición sobre Valle-Inclán nos tres espazos destinados a dar a coñecer a faceta máis íntima do escritor galego: no salón do artesonado, na capela gótica e na sacristía. Logo, intercambiamos espazos e tarefas para, finalmente, coincidir novamente todos e todas na exposición.

O comportamento do alumnado e o grao de interese mereceron os eloxios das tres docentes, de aí o premio simbólico de tempo libre ata que ás 13.00 horas nos xuntamos na praza de Praterías.

A terceira visita era moi especial xa que foron precisas varias xestións tanto coa directora da Biblioteca da Facultade de Historia como co decanato desta Facultade. Pagou a pena pois as caras de asombro deron conta do deslumbramento do alumnado ante unha das xoias da Universidade de Santiago de Compostela.

En fin, polos comentarios do alumnado cando ás catro e media tivemos que abandonar a cidade de pedra parece ser que precisaban máis tempo para disfrutar dunha fermosa xornada de primavera. 

Por se vos interesa, o SERVIMAV da USC elaborou este vídeo sobre a exposición que foi clausurada hai uns días:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO