RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Nunha das dúas horas semanais adicadas ao reforzo das linguas para mellorar a competencia lingüística daqueles alumnos/-as que non cursan a materia de Francés, traballamos a lectura comprensiva coa obra
Cando petan na porta pola noite do autor galego Xabier P. Docampo. 
A selección de relatos permite, asemade, deseñar actividades de expresión creativa como, por exemplo, a proposta de escribir a continuación dalgunha destas narracións. Isto foi o que aconteceu coa primeira historia ben inquietante: "O espello do viaxeiro". 
Nesta ocasión o "recuncho creativo" é de Auria Nieto Alonso, alumna de 2º ESO C:
 
 
Un tempo despois o viaxeiro quería marchar sen dar explicacións. Cando xa o tiña todo listo para irse, era noite e veu un home idéntico a como era el antes de perder a pálpebra, nas mesmas condicións nas que estaba el aquela noite de inverno en que chegara á casa do ferreiro.
Ao viaxeiro impactoulle moito pero tentou manter a calma. Invitou ao home a pasar e díxolle:
-Senta preto do lume, eu encárgome do teu cabalo.
Que lle estaba a acontecer? El non quería dicir iso, en realidade quería dicirlle que marchase dese lugar. Pero, en contra da súa vontade, estaba actuando igual co ferreiro...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MULLERES: PERIGOSAS e EN PERIGO

OPINA 1º DE BACHARELATO

CLUB DE LECTURA EN 1º DE ESO