XOGO DE PISTAS

Esta actividade, que na materia de Lingua Castelá é presentada como un xogo de pistas, procura a integración de varios contidos traballados durante o curso. É un exercicio moi completo de reflexión e de expresión escrita arredor dun cadro, que asemade potencia a imaxinación e a creatividade.
Os dous exercicios dos que saen mellor os creadores e creadoras de 1º de ESO A e C son, sen dúbida, o primeiro coa descripción e o terceiro coa valoración persoal. Aínda custa a composición imaxinativa dun relato que desbote os tópicos e os desenrolos esperables. Precisamos moita máis lectura nos tempos de ocio e menos dixitalización.
O cadro traballado foi "Bordando el manto terrestre" da pintora catalana Remedios Varo. No primeiro arquivo podes observar as tres pistas e nos tres seguintes, por esta orde: as descricións, os relatos e as opinións.
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

AS EXPOSICIÓNS EN 1º DE ESO

PINTURAS CON PALABRAS

GREGUERÍAS DE 4º DE ESO