Publicacións

BREVES RECENSIÓNS

Imaxe
O alumnado de 4º de ESO vén de ler La tercera máscara da autora barcelonesa Care Santos. Tiveron que artellar un texto argumentativo formal que permitise coñecer a súa sincera valoración arredor desta novela realista sumamente cruda e impactante. Debían aportar motivos ben razoados sen caer en repeticións ou en tópicos.  Ata vintecinco comentarios deben ser destacados e, como poderás comprobar, en cada un atopamos reflexións ben atinadas que apuntan a un beneplácito case unánime.     " La tercera máscara es una lectura que ha conseguido que el cien por cien de mis emociones aflorasen en cada una de sus palabras. He sentido esa historia como mía desde el minuto uno. Care Santos es mi autora favorita y no deja de sorprenderme. Es increíble la manera como consigue que el lector, una vez que se embarca en la lectura, quiera seguir y seguir. Sinceramente, se ha convertido en mi novelista preferida y hasta lloré con el final ya que es una historia muy dura y triste" (Hannah ...

ORATORIA IV

Imaxe
Os dezaséis alumnos/-as de 2º de ESO, que cursan a materia de Oratoria, convertéronse agora en autores e autoras de discursos. Como sinala o curriculum LOMCE, o alumnado debe coñecer tanto discursos orais coma escritos nos que poidan tomar contacto cos rasgos da oralidade e cos recursos de persuasión. Pois ben, a situación de aprendizaxe creada partiu da hipótese de atopárense no remate do curso 2024-2025 e durante a suposta celebración do acto de graduación para o alumnado de 4º de ESO. Lede os discursos creados, pois, como resultado das actividades previas deseñadas para que saísen airosos desta empresa. Por certo, o cadro elixido leva por título "Demóstenes practicando Oratoria" e o seu autor é o pintor francés Jean Lecomte du Nouÿ.  "Buenas tardes a todos y a todas: compañeros, profesores y familias visiblemente orgullosas y emocionadas. Hoy, como sabéis, estamos aquí para anunciar el principio del fin. El fin de una etapa muy importante para nuestro desarrollo como...

"VALLE-INCLÁN, ÍNTIMO" I

Imaxe
A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe a profesora da USC Margarita Santos Zas, inaugura o xoves 9 de febreiro a exposición "Valle-Inclán, íntimo" no Colexio de Fonseca , na que poderemos disfrutar en primicia o rico patrimonio artístico do escritor galego, recrearnos nos seus obxectos persoais, admirar a súa caligrafía..., grazas á xenerosidade dos familiares propietarios destes excepcionais fondos. A exposición poderá ser visitada desde o 9 de febreiro ata o 1 de abril, de luns a sábado na franxa horaria que podes consultar no seguinte enlace . O alumnado de Lingua Castelá e Literatura de 4º de ESO acudirá a esta magnífica exposición o luns 27 de marzo durante a visita organizada pola profesora Catalina Míguez Vilas, da que vos iremos dando cumprida información en vindeiras entradas. Quedades, pois, convidados e convidadas a unha fermosa viaxe á nosa "cidade eterna" da man dun xenio indiscutible da literatura española.

CRÍTICA TEATRAL

Imaxe
O venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu ao teatro-cine Salesianos de Vigo para asistir á montaxe de Las aventuras de Tom Sawyer por parte da compañía elixida este ano por "Recursos haz theatring".  A actividade forma parte da oferta anual de saídas extraescolares que organiza o Departamento de Lingua Castelá e Literatura co obxectivo de que todo o alumnado do instituto disfrute da máxica experiencia do teatro.  Pois ben, na materia de Lingua Castelá en 1º ESO A e en 1º ESO C cada alumno e cada alumna converteuse en crítico/-a teatral por un día e tivo que expresar a súa sincera opinión sobre a posta en escena desta adaptación teatral. A continuación podedes ler unha síntese das reflexións verquidas polo alumnado de ambos grupos: "A los compañeros y las compañeras de 1º ESO A, en general, la puesta en escena de la adaptación de Las aventuras de Tom Sawyer nos pareció entretenida y divertida por sus ingredientes, sobre todo, misterio y acciones trepidant...

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Este curso 2022-2023 as creacións audiovisuais con formato de videopoema sorprenden pola calidade das lecturas dramatizadas e pola orixinalidade de varios traballos entregados polo alumnado dos tres grupos de 4º de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura. A escolma pretende dar conta da valía dalgunhas destas producións, mais cómpre salientar que varios videopoemas máis tamén merecerían un espazo neste blog. Ángela Freire Muíños (4º ESO A) preparouno a partir dun poema de Luis García Montero; Carmen Abal Fontán (4º ESO B) elixiu a Pablo Neruda; Nayra Tilve Castro (4º ESO A) creou o seu traballo cun poema de Claudio Rodríguez; Lara Blas Piñeiro (4º ESO B) achegouse a José Hierro; e Alicia Bastos Gallego (4º ESO C) preferiu ao poeta J. A. Fernández:

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
A descrición non é un tipo de texto doado e, se ás súas peculiaridades sumamos o atranco de ter que describir un cadro e de que esta pintura está oculta tras os carteis superpostos, a proba de expresión escrita acaba cos nervios de calquera. Pero, as vantaxes son inmensas porque estamos obrigados a imaxinar e a inventar. Co formato de xogo de pistas e na hora semanal de reforzo de Lingua Castelá, o alumnado que non cursa Francés atopouse ante un cadro desconcertante como o son todos os creados pola pintora catalana Remedios Varo. Na imaxe podes contemplar o que leva por título "Exploración de las fuentes del río Orinoco". Novamente, o recuncho creativo é de Auria Nieto Alonso (2º ESO C): En esta imagen puedo ver un espacio no muy grande rodeado de lo que parecen ser ventanas. Observo, además, una cabeza que no puedo identificar bien y desconozco si es humana o de un búho. No muy lejos de dicha cabeza puedo identificar a un pájaro. También aprecio una pata y una esquina de lo ...

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
Nunha das dúas horas semanais adicadas ao reforzo das linguas para mellorar a competencia lingüística daqueles alumnos/-as que non cursan a materia de Francés, traballamos a lectura comprensiva coa obra Cando petan na porta pola noite do autor galego Xabier P. Docampo.  A selección de relatos permite, asemade, deseñar actividades de expresión creativa como, por exemplo, a proposta de escribir a continuación dalgunha destas narracións. Isto foi o que aconteceu coa primeira historia ben inquietante: "O espello do viaxeiro".  Nesta ocasión o "recuncho creativo" é de Auria Nieto Alonso, alumna de 2º ESO C:     Un tempo despois o viaxeiro quería marchar sen dar explicacións. Cando xa o tiña todo listo para irse, era noite e veu un home idéntico a como era el antes de perder a pálpebra, nas mesmas condicións nas que estaba el aquela noite de inverno en que chegara á casa do ferreiro. Ao viaxeiro impactoulle moito pero tentou manter a calma. Invitou ao home a pasar e díxo...