Publicacións

CRÍTICA TEATRAL

Imaxe
O venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu ao teatro-cine Salesianos de Vigo para asistir á montaxe de Las aventuras de Tom Sawyer por parte da compañía elixida este ano por "Recursos haz theatring".  A actividade forma parte da oferta anual de saídas extraescolares que organiza o Departamento de Lingua Castelá e Literatura co obxectivo de que todo o alumnado do instituto disfrute da máxica experiencia do teatro.  Pois ben, na materia de Lingua Castelá en 1º ESO A e en 1º ESO C cada alumno e cada alumna converteuse en crítico/-a teatral por un día e tivo que expresar a súa sincera opinión sobre a posta en escena desta adaptación teatral. A continuación podedes ler unha síntese das reflexións verquidas polo alumnado de ambos grupos: "A los compañeros y las compañeras de 1º ESO A, en general, la puesta en escena de la adaptación de Las aventuras de Tom Sawyer nos pareció entretenida y divertida por sus ingredientes, sobre todo, misterio y acciones trepidant...

OS VIDEOPOEMAS EN 4º DE ESO

Imaxe
Este curso 2022-2023 as creacións audiovisuais con formato de videopoema sorprenden pola calidade das lecturas dramatizadas e pola orixinalidade de varios traballos entregados polo alumnado dos tres grupos de 4º de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura. A escolma pretende dar conta da valía dalgunhas destas producións, mais cómpre salientar que varios videopoemas máis tamén merecerían un espazo neste blog. Ángela Freire Muíños (4º ESO A) preparouno a partir dun poema de Luis García Montero; Carmen Abal Fontán (4º ESO B) elixiu a Pablo Neruda; Nayra Tilve Castro (4º ESO A) creou o seu traballo cun poema de Claudio Rodríguez; Lara Blas Piñeiro (4º ESO B) achegouse a José Hierro; e Alicia Bastos Gallego (4º ESO C) preferiu ao poeta J. A. Fernández:

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
A descrición non é un tipo de texto doado e, se ás súas peculiaridades sumamos o atranco de ter que describir un cadro e de que esta pintura está oculta tras os carteis superpostos, a proba de expresión escrita acaba cos nervios de calquera. Pero, as vantaxes son inmensas porque estamos obrigados a imaxinar e a inventar. Co formato de xogo de pistas e na hora semanal de reforzo de Lingua Castelá, o alumnado que non cursa Francés atopouse ante un cadro desconcertante como o son todos os creados pola pintora catalana Remedios Varo. Na imaxe podes contemplar o que leva por título "Exploración de las fuentes del río Orinoco". Novamente, o recuncho creativo é de Auria Nieto Alonso (2º ESO C): En esta imagen puedo ver un espacio no muy grande rodeado de lo que parecen ser ventanas. Observo, además, una cabeza que no puedo identificar bien y desconozco si es humana o de un búho. No muy lejos de dicha cabeza puedo identificar a un pájaro. También aprecio una pata y una esquina de lo ...

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
Nunha das dúas horas semanais adicadas ao reforzo das linguas para mellorar a competencia lingüística daqueles alumnos/-as que non cursan a materia de Francés, traballamos a lectura comprensiva coa obra Cando petan na porta pola noite do autor galego Xabier P. Docampo.  A selección de relatos permite, asemade, deseñar actividades de expresión creativa como, por exemplo, a proposta de escribir a continuación dalgunha destas narracións. Isto foi o que aconteceu coa primeira historia ben inquietante: "O espello do viaxeiro".  Nesta ocasión o "recuncho creativo" é de Auria Nieto Alonso, alumna de 2º ESO C:     Un tempo despois o viaxeiro quería marchar sen dar explicacións. Cando xa o tiña todo listo para irse, era noite e veu un home idéntico a como era el antes de perder a pálpebra, nas mesmas condicións nas que estaba el aquela noite de inverno en que chegara á casa do ferreiro. Ao viaxeiro impactoulle moito pero tentou manter a calma. Invitou ao home a pasar e díxo...

OBRADOIRO Nº 1 DE 1º DE ESO: BIOGRAFÍA

Imaxe
Neste curso 2022-2023 o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C entrevistou ás avoas como paso previo para logo redactar o relato destas vidas que tanto nos ensinan sobre estas loitadoras ás que todo lles debemos. As biografías que resultaron desta actividade deseñada na materia de Lingua Castelá e Literatura ben merecen os nosos parabéns. Son narracións apaixoantes e de lectura ben amena. Algúns dos relatos constitúen, mesmo, unha sentida homenaxe da neta á avoa. E, por sorte, algunha alumna puido entrevistar á súa bisavoa! En fin, unha experiencia emotiva para netos/-as, avoas e profesora. Aquí vos quedan varios botóns de mostra pero son máis as creacións que merecerían atoparse neste obradoiro do blog:   "Mi bisabuela Matilde" Todos la llaman Tilde y nació el 4 de marzo de 1936. Actualmente tiene casi 86 años. Vino al mundo en O Viso, mejor dicho en casa de su madre. Su padre se llamaba Jose y era chófer y mecánico, mientras que su madre María Teresa era ama de casa. Recuerda que ...

RECUNCHOS CREATIVOS DE...

Imaxe
Nace unha nova sección que pretende dar a coñecer eses traballiños orixinais que sodes quen de crear sen que ninguén vos guíe, tan só as musas inspiradoras. Nesta ocasión arrancabamos cun inicio e había que inventar a historia a partir do que esas únicas liñas suxeriran. O alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C resolveu na proba do exame trimestral este exercicio de expresión escrita na materia de Lingua Castelá e Literatura. A obra á que pertence o fragmento elixido forma parte da novela Detrás de las ventanas encantadas. Una misteriosa historia de Adviento da autora alemana Cornelia Funke.     Fuera oscurecía y continuaba nevando. Julia, sentada en la repisa de la ventana miraba hacia el exterior. Deseaba salir al jardín a jugar con la nieve un rato, mas no podía ya que sus padres decían que podía ponerse peor. Julia estaba enferma hacía más de una semana y no entendía por qué no se curaba de una vez. Llevaba sin ir a clase muchos días, extrañaba jugar con sus amigos... Sus padre...

ORATORIA III

Imaxe
Nesta materia de libre configuración, que o alumnado de 2º ESO cursa segundo o curriculum LOMCE, hai que recoñecer que nunha única hora semanal de clase imos dando pequenos pasos que axuden a mellorar a comunicación oral do alumnado na súa faceta expresiva.  No arranque do curso as tarefas foron sinxelas pero, xa no remate do trimestre, houbo que resolver unha exposición oral sobre tema libremente elixido dunha listaxe na que tamén facilito a estrutura da intervención. É, pois, todo un reto porque, trala busca de información, hai que organizala, aprendela e, finalmente, actuar ante os compañeiros/-as alomenos durante catro minutos.  Velaquí deixo, pois, dúas mostras: Uxía Freire Muíños (2º ESO C) fala sobre os gatos; Sabela Piedras Arca (2º ESO B), sobre a práctica dun deporte moi redondelán como o remo. Na imaxe podes admirar un cadro do pintor e litógrafo amante deses mininos: o francés finisecular Théophile Alexandre Steinlen.    Para que poidas apreciar a evol...