AS VIDEORRESEÑAS EN 4º DE ESO

A actividade da videorreseña non só pon a proba a competencia lingüística do alumnado en canto a grao de dominio da súa vertente oral, senón tamén a dixital pois o formato requerido é audiovisual. Asemade, esta tarefa esixe xa unha capacidade de análise e interpretación así como de síntese, que sen dúbida reflexa a madurez necesaria para poder enfrontarse á seguinte etapa educativa. Neste curso 2022-2023 desexamos compartir con vós os traballos de varios compañeiros e compañeiras de 4º de ESO, que corroboran as capacidades ás que antes nos referiamos. A imaxe elixida é un cadro do pintor inglés Charles Edward Perugini, "Girl reading". A autora desta videorreseña é Érika Campos Barciela, alumna de 4º ESO B. Agora, quen comenta é Sara Rodríguez Costas, alumna de 4º ESO B. E, por último, paga a pena que escoites a Nayra Tilve Castro, alumna de 4º ESO A.