Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

XOGO DE PISTAS: PICASSIANA E...

Imaxe
Durante o curso pasado tanto en 1º de ESO C como nos reforzos de 1º ESO A e de 2º ESO B e C, o alumnado participou en varios obradoiros de expresión creativa. Un dos que máis éxito acada é o xogo de pistas que consiste en crear un texto descriptivo, outro narrativo e, finalmente, un fragmento argumentativo sempre a partir dun cadro. Pois ben, un dos protagonistas foi Picasso coa súa creación "Dos mujeres corriendo por la playa" pero tamén demos entrada a outra composición misteriosa e a Nahuel Matías inspirouno deste xeito a primeira pista que tamén vos deixamos aquí por se queredes tirar deste fío:   En esta imagen puedo percibir una habitación amarilla con tres ventanas, una de ellas circular. También veo que su fondo es verde, que hay un pajarito pasando por una de ellas y que en la circular hay una barra de metal. Logro ver que el piso lo componen azulejos amarillos y verdes. En la esquina superior izquierda destaca un arco. En medio de la imagen se ve un búho bastant...

OPINA 1º DE BACHARELATO

Imaxe
A solvencia coa que o alumnado de 1º de Bacharelato resolveu dúas prácticas de comentario crítico durante o curso 2023-2024 ben merece un oco neste blog. Os dous textos elixidos foron os da proba ABAU na convocatoria de xuño de 2018 e, como poderedes comprobar, os asuntos plantexados distaban bastante entre si. Como ben sabemos, os seres humanos aprendemos entre nós e este mecanismo de mellora entre iguais dá froitos excepcionais.  Animádevos, pois, a ler con calma e reciclade moitos dos recursos aproveitados polos vosos compañeiros e compañeiras. En cada un dos arquivos poderedes ler os textos orixinais de Ana Merino e de Andrés Trapiello, que propiciaron os comentarios críticos.